28 de set. de 2012

PRAZAS PARA OUTROS MINISTERIOS




MINISTERIO DO INTERIOR   DIRECCIÓN XERAL DE TRÁFICO

BOE  Nº  228 DO 21 DE SETEMBRO 

ORDE INT/1985/2012

PRAZAS EN  GALIZA:  A CORUÑA, OURENSE, LUGO.

O anteproxecto de Orzamentos Xerais do Estado afonda no recorte e deterioro dos servizos públicos

A convocatoria, da Mesa, como vén sendo habitual foi remitida aos sindicatos sen documentación previa para poder analizar en profundidade o contido deste capitulo dos Orzamentos e valorar en toda a súa extensión o impacto que terán tanto nas condicións salariais e laborais do persoal como no propio funcionamento e mantemento dos servizos públicos. Este método impositivo e escurantista, denuncia a Secretaria de CIG-Administración Pública, Maricarme López Santamariña, imposibilita presentar alternativas nin negociar ningúns dos aspectos tratados. “Trátase dun trámite máis que o Goberno ten que cumprir porque así lle obriga a lei”, asevera. 

Segundo os datos presentados, o persoal das administracións recuperarán a paga extraordinaria de nadal para o vindeiro 2013. Porén, o Goberno do PP mantén a conxelación salarial, sen dar posibilidade á actualización da perda do poder adquisitivo acumulada dende 2009. Neste senso, a Área Pública da CIG lembra que tan só neste ano, os empregados e empregadas públicas perderon case o 10% da súa capacidade adquisitiva (por mor da supresión da paga extraordinaria de nadal, que supón unha baixada do 7%, unida á suba do IPC, situado a remate de agosto no 2,7%). Así mesmo, mantense a prohibición de facer achegas a fondos ou plans de pensión ou previsión.

26 de set. de 2012

A CIG convoca este venres concentracións en rexeitamento dos recortes previstos nos Orzamentos do Estado


A CIG ten convocadas concentracións de delegados/as en todas as comarcas para este venres, 28 de setembro, logo da aprobación do Anteproxecto de Lei de Orzamentos Xerais do Estado para o ano 2013. Orzamentos que, baixo a escusa da austeridade e o control do déficit público, suporán un novo retallamento no gasto e investimento público, afectando aos servizos e prestacións e, polo tanto, afondando no recorte de dereitos e deterioro das condicións laborais e de vida da maioría social. Ademais, o Goberno de Mariano Rajoy ten previsto acompañar estes restritivos orzamentos cun Plan de Reformas que implicará, entre outras medidas, a “liberalización” de sectores públicos e a privatización de empresas como Renfe.
Horarios e lugares das concentracións: 

- A Coruña: ás 12:00 horas diante da Delegación do Goberno.
- Vigo: ás 11.00 horas na farola de Urzáiz.
- Ourense: ás 11.00 horas na Subdelegación do Goberno.
- Compostela: ás 12:00 horas na Praza da Paz (diante da Xunta).
- Ferrol: ás 12:00 horas diante do Concello.
- Lugo: ás 12:00 horas, diante do edificio multiusos da Xunta.

25 de set. de 2012

21 de set. de 2012

BORRADOR DA CIRCULAR PARA AS ELECCIÓNS DO 21 DE OUTUBRO Ó PARLAMENTO DE GALICIA


 

O 20 de setembro, Correos remitiu a circular para as eleccións do 21 de outubro para o Parlamento de Galicia. A CIG Correos, remitirá as alegacións oportunas.

Propuesta Elecciones Pais Vasco y Galicia 2012

12 de set. de 2012

A CIG concreta un novo calendario de mobilizacións para acumular forzas de cara a unha nova folga xeral

Máis de 1.200 delegados/as participan nunha asemblea e posterior manifestación polas rúas de Santiago




 
A Confederación Intersindical Galega concretou hoxe un novo calendario de mobilizacións para rexeitar a política de recortes que está a aplicar o PP na Galiza e no Estado español e para acumular forzas de cara a unha nova folga xeral. A central nacionalista celebrou hoxe unha asemblea nacional en Santiago de Compostela na que participaron máis de 1.200 delegados/as e que serviu para analizar o actual contexto da crise económica. Ao remate do acto, no que tamén se debateu a resposta que debe de dar ao sindicato aos ataques do capital, marchouse en manifestación até San Caetano.

Para máis información preme AQUÍ:

10 de set. de 2012

10.000 persoas maniféstanse polas rúas de Compostela en defensa do emprego e uns servizos públicos de calidade

As organizacións sindicais denuncian o desmantelamento que os gobernos do PP están a practicar no sector público para favorecer os beneficios dunhas cantas empresas








E TÍ POR ONDE ANDABAS, OH?
 
Máis de 10.000 persoas manifestáronse este sábado en Compostela para amosar o seu rexeitamento aos recortes no emprego e os servizos públicos e contra das políticas privatizadoras aplicadas polos Gobernos do PP. A marcha, convocada pola Plataforma galega en defensa dos servizos públicos -integrada por 18 organizacións entre as que se atopa a CIG-, partiu da alameda pouco despois das 11:30 horas e rematou diante do Complexo administrativo da Xunta en San Caetano, onde o actor Federico Pérez, procedeu a dar lectura ao manifesto conxunto.

Para máis información preme AQUÍ:

O pasado venres día 7 centos de delegados/as mobilizaronse en defensa da negociación colectiva como ferramenta fundamental da clase obreira

A CIG chama a organizarse e continuar coa contestación social para esixir un cambio de políticas e impedir a aplicación da regresiva reforma laboral do PP nos convenios colectivos



Delegados e delegadas da CIG, UGT e CCOO realizaron concentracións este venres diante das sedes das asociacións de empresarios nas sete cidades galegas e Vilagarcía en defensa da negociación colectiva como unha das ferramentas básicas da clase traballadora para mellorar as súas condicións de vida e laborais. A CIG denuncia que o proceso de renovación dos convenios está practicamente paralizado pola decisión política de determinadas asociacións empresariais de sector que están levando ao límite a vixencia e ultraactividade dos convenios, co obxectivo de provocar unha perda de dereitos e unha rebaixa dos salarios.

Para máis información preme AQUÍ:

PRAZAS PARA OUTROS MINISTERIOS

 

MINISTERIO DE INDUSTRIA ENERXÍA E TURISMO


(BOE  Nº 215 DO XOVES 6 DE SETEMBRO)
 

Orde IET/1889/2012

Orde IET/1890/2012

 

Prazas en Lugo, A Coruña e Ourense.

7 de set. de 2012

Concentracións diante dos Edificios Administrativos

O persoal das administracións retoma as mobilizacións contra o recorte de dereitos e o desmantelamento dos servizos públicos

Centos de empregados/as do sector público secundan as protestas convocadas nos distintos centros de traballo de todo o País 

Os empregados e empregadas da administración pública retomaron este xoves o calendario de mobilizacións en rexeitamento aos recortes laborais, sociais e económicos impostos polo PP e contra o progresivo desmantelamento dos servizos públicos. As protestas, que se desenvolveron nos distintos centros de traballo de toda Galiza, volveranse repetir o todos os xoves de setembro.
Para máis información preme AQUÍ

 

5 de set. de 2012

SÁBADO DÍA 8 DE SETEMBRO MANIFESTACIÓN EN COMPOSTELA

Na defensa dos servizos públicos

Contra os recortes dos nosos dereitos

Pola nosa dignidade

Ás 11:30 horas, con saída dende a Alameda de Santiago de Compostela.

 

Convocada pola CIG e pola práctica totalidade dos sindicatos da area pública con presenza en Galiza.

 

Haberá autobuses dende todas as comarcas. Para anotarse e para saber os lugares e horarios de saída así como o custo do viaxe poñédevos en contacto coa xente da CIG da vosa respectiva comarca.

 

Para máis información preme AQUÍ:

 

4 de set. de 2012

A CIG, CCOO e UGT convocan protestas diante das asociacións empresariais o venres día 7 en defensa da negociación colectiva

Alertan da intención do Goberno do PP de destruír unha ferramenta básica para a conquista de dereitos laborais

 

 

A CIG, CCOO e UGT desenvolverán este venres 7 de setembro protestas conxuntas en todo o país en defensa da negociación colectiva. As organizacións sindicais teñen convocadas concentracións diante das asociacións de empresarios baixo o lema "A negociación colectiva é un dereito". Ao mesmo tempo, fixeron público un manifesto no que alertan sobre os plans do Goberno do Partido Popular para rematar cunha ferramenta básica para a conquista de dereitos laborais por parte da clase traballadora.

 

Para máis información: Manifesto conxunto e Lugares e Horas das concentracións, preme AQUÍ: