31 de xul. de 2012

Miles de persoas toman as rúas das cidades galegas contra os recortes laborais e en defensa dos servizos públicos


Miles de persoas, convocadas polas organizacións sindicais da área pública, percorreron as rúas das cidades galegas, máis unha vez, para manifestar o seu rotundo rexeitamento aos recortes laborais e salariais decretados polo goberno Rajoy. Recortes que poñen en perigo servizos públicos esenciais e que pretenden a súa privatización. As mobilizacións remataron coa lectura dun manifesto conxunto no que se denuncia o uso da crise, polos Gobernos de Galicia e do Estado Español, "para subtraer recursos dos servizos esenciais" mentres "castiga co paro e a exclusión social a miles de familias galegas"

 Manifesto en defensa dos Servizos Públicos e o Emprego Público prema aquí

27 de xul. de 2012

Nova xornada de protestas na área pública contra os recortes laborais e salariais e na defensa dos servizos públicos


Para a CIG é obvio que o conxunto de medidas do PP teñen como obxectivo último desmantelar todas as conquistas sociais e laborais no sector público, xa que non se está só a falar de reducir salarios ou eliminar pagas extra senón tamén de destruír emprego reducindo a administración e, polo tanto, eliminando os servizos que até o de agora esta prestaba para provocar a súa privatización.

Horarios e lugares das manifestacións do día 30 de xullo

Fronte a todas estas medidas, as organizacións sindicais CIG, CCOO, UGT, CSI•F, CESM, OMEGA, SATSE, USAE, ANPE, STAJ, CEP, SUP, UFP, AUGC, UniónGC, CGT e USO fixeron unha chamada a participar nas manifestacións convocadas para o luns 30 de xullo:

- A Coruña, saída ás 19:30 horas dende a Praza de Pontevedra
- Ferrol, saída ás 20:30h dende a Praza de España
- Santiago de Compostela, saída ás 20:00 horas da Praza Roxa.
- Lugo, saída ás 20:00 horas dende o Edificio administrativo da Xunta.
- Ourense, saída ás 20:00 horas dende o Pavillón dos Remedios.
- Pontevedra, saída ás 20:30 horas dende a Praza da Ferreiría.
- Vigo, saída ás 20:30 horas dende a Vía Norte.

Fonte: Avantar

26 de xul. de 2012

Publicados listados aprobados dos grupos A1 e A2

Con data do 26 xullo foron publicados os listados de aprobados do A1 e do A2, que podedes ver na intranet.
Próximas convocatorias:
A1:a convocatoria do segundo exercicio realizarase o 6 de outubro.
A2:a convocatoria do segundo exercicio será o 7 de outubro.
O segundo exame consistirá en redactar por escrito un tema, de entre dous propostos polo Tribunal

 Se queres máis información ponte en contacto cos delegados/as da CIG na tua provincia.

23 de xul. de 2012

Os carteiros/as do centro de Vigo volven ao traballo tras 46 días de folga para esixir o mantemento dos empregos

A CIG rexeitou a proposta de Correos porque non garante todos os postos de traballo

Os carteiros/as do centro de Vigo regresarán este luns ao traballo despois de que o cadro de persoal aceptase por un escaso marxe -22 votos a favor, 17 en contra e unha abstención- a proposta de Correos, o que puxo fin a 46 días de folga. Dende a CIG aseguraron que se tata dun “mal acordo” porque non establece o tempo de permanencia das catro novas unidades de reparto que se crean na cidade, “o que pode supoñer que nuns meses a empresa queira reorganizar de novo o servizo e decide prescindir de máis persoal”.

O único aspecto positivo do acordo é a redución do número de postos de traballo que Correos pretendía eliminar na zona centro de Vigo, que pasan de 13 a nove. Polo demais, o documento asinado hoxe despois de que fose ratificado en asemblea polos empregados/as (coa oposición da CIG e da CGT) non fixa a duración das catro novas zonas de reparto que se crean na cidade, “polo que nos tememos que nuns meses a empresa queira reorganizar o servizo e prescinda de máis postos”.

Diante disto, dende a CIG cualifican o acordo de “nefasto”e lembran que foi ratificado por un escaso marxe de votos, xa que se contabilizaron 22 a favor (maioritariamente de CCOO e UGT), 17 en contra e unha abstención. Remata deste xeito un conflito laboral que se iniciou hai 46 días e que figura xa como a folga máis longa en máis de 200 anos de historia de Correos.

21 de xul. de 2012

O Goberno encargou un estudo para trocear Correos e facilitar a súa privatización.

Negocia a venda da área de mensaxería á alemá Deutsche Post


A compra de Correos, ou unha parte da empresa pública, por unha compañía privada, está máis cerca. O Goberno leva tempo negociando coa alemá Deutsche Post, que só está interesada na área de mensaxería internacional para ampliar negocio. O Executivo está estudando a proposta.

Segundo soubo O Confidencial Dixital, as negociacións entre a dirección do Servizo Postal e a empresa alemá empezaron na primavera deste ano e atópanse, neste momento, paradas ante a postura de Deutsche Post, que descartou a compra da entidade ao completo.

Segundo as fontes consultadas por este diario, a primeira idea do Goberno era poder manter a actual estrutura de Correos, que pasaría a mans dunha importante empresa estranxeira.

Con todo, o único comprador de garantías que se presentou ata agora é a xa citada Deutsche Post, que xa conta con delegación en España e aspira a ampliar volume de negocio no envío de mensaxería internacional.

Por ese motivo ?interesouse en Correos, pero única e exclusivamente na área que quería adquirir?. A postura da empresa alemá é firme e inamovible, polo que ?agora é o Goberno o que debe decidir se compensa ou non realizar esa operación, coa reestruturación que suporía?.

Para saber que decisión tomar, o Servizo Postal xa está elaborando un informe no que ?vaise a analizar detalladamente a produtividade de cada unha das áreas de Correos, o seu valor de mercado, e canto custaría trocear a entidade?.

As conclusións dese informe ?servirán para que o Goberno teña en conta todos os proles e contras da venda dunha parte de Correos e decida se aceptar ou non a oferta de Deutsche Post, a única realmente seria que chegou no que levamos de ano?.

Fonte: El confidencial digital

20 de xul. de 2012

Máis de 350.000 persoas maniféstanse en toda Galiza contra os recortes impostos polo PP e o masivo saqueo á clase traballadora

Baixo a consigna “Non ao saqueo do pobo. Hai que impedir que nos arruínen” e ao berro de “folga xeral”, máis de 350.000 persoas saíron na tarde deste xoves ás rúas de todo o País para rexeitar as gravísimas medidas que vén de aprobar o Goberno de Mariano Rajoy, co obxectivo de profundar no recorte dereitos e a precarización das condicións de vida e de traballo da maioría social, mentres se protexen e benefician os intereses de banqueiros, especuladores e defraudadores. A CIG anima a dar unha resposta social con igual dureza que as políticas do PP e aposta por preparar xa un calendario de folgas xerais, cuxa primeira data de referencia podería ser o vindeiro mes de setembro.

As dez mobilizacións, convocadas conxuntamente por CIG, CCOO e UGT, marcan o inicio dun calendario de protestas que se prevé longo e intenso, á vista da gravidade das políticas antisociais aplicadas polos gobernos do PP. As manifestacións foron un éxito e conseguiron destacatos niveis de participación. Así en Vigo saíron á rúa máis de 100.000 persoas; na Coruña foron máis de 70.000; en Ferrol unhas 55.000; Compostela superou as 40.000; ao igual que en Pontevedra; en Ourense manifestáronse unhas 25.000 persoas; en Lugo e Vilgarcía máis de 10.000; e no Barco unhas 800 persoas.

Para ver máis imaxes das manifestacións prema aquí

Prensa: La Voz de Galicia, Faro de VigoLa Opinion

17 de xul. de 2012

CIG, CCOO e UGT convocan conxuntamente as manifestacións do xoves 19 de xullo “contra o saqueo do pobo”


Ante a gravidade das medidas impostas polo goberno do PP contra os intereses da clase traballadora en particular, e da cidadanía, en xeral, que supoñen un grave retroceso nas condicións laborais, sociais e da calidade de vida das persoas, a CIG, segundo explica o secretario xeral, Suso Seixo, “viu a necesidade de dar unha resposta o máis ampla posíbel e de intentar converxer con CCOO e UGT nunha convocatoria conxunta, dado que a data prevista para as mobilizacións polas distintas centrais sindicais xa coincidía”. Esa confluencia confirmouse esta mañá e as manifestacións serán convocadas polas tres centrais sindicais en todas as cidades e vilas do país.



Baixo o lema “Non ao saqueo do pobo. Hai que impedir que nos arruínen”, UGT, CCOO e CIG mobilizaranse o vindeiro día 19 nas principais cidades e vilas galegas
 
Horarios e puntos de saída das manifestacións

A Coruña: Ás 20:00 h da Praza da Palloza. Manifestación central.
Burela: Ás 20:00 h da Praza da Mariña
Ferrol: Ás 20:30 h do Inferniño
Lugo: Ás 20:00 h da Ronda da Muralla, do edificio sindical
Pontevedra: Ás 20:30 h da Praza da ferrería
Santiago: Ás 20:00 h da Alameda
Ourense: Ás 20:00 h do Pavillón dos Remedios
Vigo: Ás 20:30 h da Vía Norte
Vilagarcía: Ás 21:00 h da Casa do Mar

 As tres centrais sindicais remitiron un comunicado conxunto que, polo seu interese, reproducimos:

16 de xul. de 2012

PUBLICADO LISTADO PROVISIONAL DE MÉRITOS CONCURSO DE TRASLADOS

Con data de 16 de xullo Correos publicou o listado provisional de valoración de conceptos por provincias, localidades e postos de traballo.

Resolución de Correos prema aquí

Se queres máis información ponte en contacto cos/as delegados/as da CIG Correos na tua provincia.

O paro de Correos en todo Vigo queda en suspenso á espera dunha nova reunión

A folga dos traballadores de Correos en Vigo alcanzou o venres un punto de inflexión tras a maratoniana reunión celebrada entre sindicatos e dirección da empresa. Tras cinco horas sentados á mesma mesa, non houbo acordo para pór fin aos paros na unidade central da cidade, onde xa se acumulan cinco semanas sen repartición, pero si se decidiu deixar en suspenso a ampliación aos outros tres distritos á espera dunha nova reunión que se celebrará este luns. Centrais sindicais e empresa destacaron o bo ton das negociacións e esperan que o conflito quede definitivamente canalizado.
"viñeron con outro talante e non hai a mesma disposición negativa de fai quince días", sinalou Antonio García, delegado da CIG tras o encontro cos representantes da compañía. Os sindicatos tiñan previsto solicitar á Subdelegación de Goberno en Pontevedra os permisos para ampliar a folga a todo Vigo a partir do próximo 23 de xullo, pero en vista das novas expectativas de diálogo, decidiron atrasala uns días máis. "foi unha reunión máis produtiva", engadiu Antonio García.
Desde Correos tamén se indicou que a quinta reunión mantida co comité de folga da unidade de repartición da Praza de Compostela fora frutífera. "O encontro desenvolveuse nun positivo ambiente de diálogo, polo que se acordou continuar a reunión o vindeiro luns 16 de xullo", explicaron nun comunicado emitido pola empresa.
O paro que levan a cabo os traballadores de Correos cumpre xa cinco semanas e afecta a 140.000 persoas no centro da cidade. Logo de tantos días de inactividade, a sede da Alameda acumula medio millón de envíos, segundo a empresa, e un millón, segundo os sindicatos.

13 de xul. de 2012

Folga de Correos en Vigo: Xuntanza entre Empresa e Comité de Folga

Hoxe día 13 de xullo hai unha xuntanza entre o Comité de Folga e mais Correos promovida pola empresa.

Irá a esta reunión Correos con propostas realistas que acheguen a solución do conflicto ou será unha artimaña para retrasar a convocatoria de folga ampliada a toda a cidade de Vigo?
Darémoslles un pequeno marxe de confianza, pero como traten de burlarse de novo de todos nos, só queda unha solución: a continuidade do conflicto aberto e o traslado do mesmo a todo Vigo.
Correos parece que esta conseguindo crear diferencias entre os sindicatos, tan so agardamos que esas diferencias non cosntitúan unha debilidade suficiente para que a empresa se aproveite.
Ollar notas de prensa: Faro de Vigo, Atlantico Diario,

Onte os carteiros de Ourense e da Coruña concentráronse en apoio dos compañeiros e compañeiras de Vigo e contra dos recortes das seccións de reparto e da destrución de postos de traballo en Correos.
Ollar nota de prensa: Faro de Vigo


Agardamos chegar a un acordo bo para todos

Para ollar outras notas de prensa e videos do conflicto

12 de xul. de 2012

Concentración de Correos na Coruña

En apoio ós compañeiros de Vigo en Folga dende hai 40 días

En contra da destrución de emprego neste caso pola via dos recortes de seccións de reparto

Pola defensa de Correos como un servizo público de calidade

En contra da represión que en forma de expedentes utiliza Correos para frear a folga de Vigo


Parte dos compañeiros/as de Correos da Coruña que secundaron a Concentración

Para ampliar a información e ollar outro vídeo preme nos seguintes enlaces:

 La Opinión A Coruña, A Voz de Galicia, 20 minutos, Que, La Vanguardia, Avantar

FOLGA DE CORREOS EN VIGO Pretenden que o persoal revente

Diante da postura pechada por parte de Correos a Folga da U.R. 1 de Vigo, pódese facer extensiva a toda a cidade se non se abre unha negociación real con aportacións significativas por parte da Empresa.

Dende Correos continúan tratando de facer responsables de toda a problemática que se deu a partires da folga tanto ós sindicatos convocantes como ós traballadores e traballadoras que a están secundando. Esta claro que lles falla a nuerona da vergoña e teñen superdesarrollada a de cara dura porque senón nin se atrevían a sair da casa e moito menos achegarse polos centros de traballo.

A solución segue estando dificil e tratan de desestabilizar a unidade entre sindicatos e tamén entre traballadores/as, pero non podemos caer na súa trampa. Poderán matarnos de fame, pero non somos canívales e  loitaremos ata o final todos a unha.


Isto é o que pretende Correos que pase coa xente en Folga de Vigo, pero o ánimo segue intacto


Enlaces de vídeo:


Novas na Prensa:


Para máis información entra no blog da CIG de Correos da provincia de Pontevedra: PREME AQUÍ

11 de xul. de 2012

A CIG REXEITA AS MEDIDAS DE AXUSTE ANUNCIADAS POR RAJOY


As medidas de axuste anunciadas por Rajoy este mércores día 11 de xullo no Congreso cabrean a toda a clase obreira pero en especial ós empregados públicos.

 

 


       Aínda hai quen esta cotento: NON TEÑEN VERGOÑA!!

 

A C.I.G. chama a traballadoras e traballadores a concentrarse diante dos centros de traballo este venres, coincidindo coa celebración do Consello de Ministros.

 

Este xoves dia 12 haberá xuntanza dos sindicatos con representación en Galiza para mirar que medidas se poden tomar diante deste despropósito anunciado por Rajoy.



Para máis información preme nestes enlaces:


Manifesto da CIG en contra das medidas


Os sindicatos abandoan a Mesa Xeral de Funcion Pública en protesta polas medidas

PROMOCIÓN INTERNA DE CORREOS



PLANTILLAS COAS RESPOSTAS
DOS EXAMES DE XESTIÓN, EXECUTIVOS E ACR




PUBLICADAS POR CORREOS ESTAS PLANTILLAS OFICIAIS COAS RESPOSTAS DOS EXAMES ASINADAS POLOS PRESIDENTES DOS CORRESPONDENTE TRIBUNAIS O DÍA 11 DE XULLO DE 2012.

PARA OLLAR AS PLANTILLAS PREMA NOS ENLACES

RAJOY PRESENTA UN AXUSTE Á MEDIDA DE EUROPA E DO CAPITAL E CONTRARIO ÓS INTERESES DA CLASE OBREIRA

Tedes nome para o que fai o contrario do que promete e que por riba ten a desfachatez de admitilo sen poñerse colorado? Porque iso é o que fixo Rajoy no Congreso e quedouse tan ancho.

Cando vimos onte a Rajoy con estas pintas xa nos metía medo

Entre outros recortes, os que mais nos afectan como traballadores/as de Correos son:


Paga Extra de Nadal de 2012 ... eliminada
Subida do I.V.E.
Redución dos días de Asuntos Propios
Redución da prestación por desemprego
Equiparar as baixas coas de resto dos traballadores (Non se cobrará o 100% de baixa)
Aumento da xornada laboral...

Agardamos á xuntanza desta tarde en Función Pública onde estamos convocados os sindicatos para que nos detallen as medidas que nos afectan. En canto teñamos un informe completo xa vo-lo faremos chegar de inmediato.


Para máis información olla as novas da prensa:

11 de xullo de 2012: Sermos Galiza, El Pais, La Razón, Confidencial, A Voz de Galicia 1, A Voz de Galicia 2

Vigo, de seguir así a folga de Correos farase extensiva a toda a cidade

O alcalde recibe ó comité de folga e critica que Correos non poña máis para solucionar o conflicto. Pola súa parte a Inspección de Traballo ofrécese como mediadora para chegar a un acordo entre as partes. Correos segue dicindo nos medios que esta disposta a dialogar e aberta a todo, a realidade é que se presenta na mesa de negociación sen levar mais proposta que a reforma xa plantexada, polo que con esa actitude non hai solución á vista.


Dende o Comité de Folga sinalan que de seguir así as cousas é moi probable que a convocatoria de folga se faga extensiva ó resto das unidades de reparto de Vigo a partir do 22 ou 23 deste mes de Xullo, feito que provocaría un colapso completo da correspondencia na cidade e en toda a súa área de influencia.





O alcalde de Vigo, Abel Caballero, na súa xuntanza co 
Comité de Folga esixe de Correos unha saída ó conflicto

10 de xul. de 2012

Folga de Correos en Vigo

Os grupos municipais do concello de Vigo do PSOE e do BNG pronúncianse oficialmente solicitando abertamente a solución do conflicto coa demanda de diálogo e negociación. Pola súa parte o PP non quixo sumarse a esta resolución, tal vez lles pese a presión  do goberno do estado que pretende desmantelar os servizos públicos e as empresas como Correos?



9 de xul. de 2012

Folga na U.R. 1 de Correos de Vigo

EMPEZAMOS CON OUTRA SEMANA MAIS DE FOLGA INDEFINIDA E CORREOS FAI OÍDOS XORDOS A UNHA SITUACIÓN QUE XA SE VOLVE INSOSTIBLE DENDE TODOS OS PUNTOS DE VISTA.


A prensa continúa recollendo o conflicto como algo extraordinario e pregúntanse o mesmo que todos nos: Cando Correos se vai sentar a negociar con propostas razoables?



Se Correos non pon remedio negociando atoparémonos así antes do que pensan


6 de xul. de 2012

A FOLGA DA UR 1 DE CORREOS DE VIGO CONTINUA...

SUPERANDO AS MARCAS DE TEMPO DE FOLGA E DE OBXECTOS ACUMULADOS

 

A pesar de todo elo dende Correos seguen sen aportar nada novo para solucionar o problema. Xa nos temíamos que non lles importaba o máis mínimo a calidade do servicio, pero agora con esta demostración de indiferencia, non nos queda a menor dúbida: Danlles medallas por facer que Correos non funcione, ou sexa por facer que entre en desfunción, visto doutra maneira por buscar a nosa defunción, en definitiva por matarnos a todos, empresa incluída.

Sete instructores de Madrid viñeron a cubrir o trámite e tomáronlles declaración a todos os traballadores/as ós que lles abriran expedentes. Para pagar as dietas desa xente que viñeron dende Madrid en avión non hai crise, xa se lle recurtará ós currantes que poden con todo e non din nada.

A mesa de negociación co Comité de Folga tiña que ser permanente ata acadar un acordo

5 de xul. de 2012

CONCURSO - MOBILIDADE INTERMINISTERIAL

Convocatoria publicada no BOE do día 5 de xullo de concurso xeral para a provisión de postos de traballo no Ministerio de Fomento




Para ver a publicación no BOE (Convocatoria e Postos ofertados) PREME AQUÍ

CURSOS INTERADMINISTRATIVOS 2012 FORGA

Aberto o prazo para preinscribirse nestes cursos interadministrativos dirixidos a traballadores e traballadoras da área pública



Para entrar na plataforma de formación, para consultar a previsión das datas e lugares de execución dos cursos, asi como para preinscribirte nos cursos presenciais ou de teleformación ou para máis información PREME AQUI

4 de xul. de 2012

RAJOY E O SEU GOBERNO PRETENDEN DESPEDIR A MILLEIROS DE EMPREGADOS PÚBLICOS

DENDE A CIG NON CONSENTIREMOS QUE SE PAGUE O RESCATE Á BANCA COS POSTOS DE TRABALLO DOS EMPREGADOS PÚBLICOS.


 A CIG afirma que a pretensión do PP de despedir a miles de empregados/as públicos/as é inadmisíbel

A Área Pública da CIG (Administración, Ensino e Saúde) oporase con todos os medios ao seu alcance a aplicación desta medida

SENTENZAS EN CONTRA DE CORREOS LOGO DAS DENUNCIAS DA C.I.G. NO TRIBUNAL SUPREMO E NO CONTENCIOSO DA CORUÑA

Aínda que tarde, a xustiza as veces chega

 O Tribunal Supremo condena a Correos a cesar na conduta antisindical que mantiña coa CIG

A sentenza favorábel do Tribunal Supremo, tras recurso da central sindical, bota abaixo outra sentenza contraria do TSXG e recoñécelle á CIG-Correos da provincia da Coruña o dereito a ter Sección Sindical, a ter Delegado Sindical, así como todos os dereitos de información que levan implícitos estes órganos.

O Contencioso-Administrativo confirma a sanción de 6.250 € imposta pola Inspección de Traballo a Correos

O Xulgado do Contencioso Administrativo da Coruña vén de confirmar a sanción de 6.250 € imposta pola Inspección de Traballo contra Correos por transgredir os dereitos de información, audiencia e consulta da CIG e por persistir na conduta infractora, sentenza que xa non pode ser recurrida por Correos.

Para máis información sobre esta noticia PREME AQUÍ

 ¿Por qué non se lle esixen responsabilidades ós culpables de que Correos teña que pagar estas cantidades? ¿Aínda lles dan palmadiñas nas costas para felicitalos? Non nos extrañaría nada

3 de xul. de 2012

FOLGA DE CORREOS EN VIGO: UN MES DE FOLGA

TODOS OS MEDIOS A NIVEL NACIONAL E LOCAL RECOLLEN QUE XA VAI UN MES DE FOLGA EN CORREOS EN VIGO NA UR1 E CORREOS NON PON NADA DA SUA PARTE PARA DARLLE SOLUCIÓN Ó PROBLEMA QUE ACUMULA MÁIS DE UN MILLÓN DE OBXECTOS SEN REPARTIR

 

Correos en vista de que non conseguíu que se cansaran de folga agora pretende que paren as medidas de presión tratando de meterlles medo coa apertura de expedentes. Os afectados da U.R. 1 e membros do Comité de Folga deron unha rolda de prensa onde rexeitan os expedentes que lles foron abertos por Correos, pero lonxe de amedrentarse o que barallan é a posibilidade de facer extensiva a folga a toda a cidade de VIGO

Para mais información ollar nos enlaces de prensa que aparecen o final

  !! NON PODEMOS TOLERAR QUE  SE QUEIRAN BURLAR DE TODOS NOS CON ESTA ACTITUDE PREPOTENTE !!

 Tedes o apoio de todo o colectivo de carteiros e carteiras do estado , ánimo e forza compañeiros/as

 



1 de xul. de 2012

Manifestacións da CIG en contra do rescate á banca do primeiro de xullo.

Milleiros de persoas rexeitan nas rúas de Galiza o saqueo á clase traballadora que supón o rescate aos bancos 

Milleiros de persoas saíron á rúa  en todo o país para denunciar que o rescate aos bancos españois por parte da Unión Europea supón un saqueo á clase traballadora e para esixir responsabilidades políticas e penais os seus promotores. O secretario xeral da Confederación Intersindical Galega, que participou na manifestación de Vigo, adiantou que a central nacionalista seguirá a acumular forzas para promover a convocatoria dunha folga xeral no Estado español antes de que remate o ano.

Para máis información, vídeos e fotos PREME AQUÍ