30 de xuño de 2012

SEGUIMENTO DA FOLGA DE CORREOS EN VIGO

DESPOIS DE UN MES DE FOLGA DOS CARTEIROS/AS DA U.R. 1 DE VIGO O CONFLICTO SEGUE SEN SOLUCIONARSE POLO INMOBILISMO DA POSTURA DE CORREOS

O venres 29 de xuño, apoiados por delegados doutras provincias, trasladaron a súa protesta a Compostela diante do edificio de Correos da rúa do Franco onde ten a sede a Dirección Territorial de Zona.





29 de xuño de 2012

SEGUIMENTO DA FOLGA DE CORREOS EN VIGO

Para este venres día 29 

trasládanse as protestas a Santiago

Logo de cerca de un mes de folga e achegándose a un millón de obxectos pendentes de reparto e despois das dúas últimas xornadas onde se produciron sendos peches de delegados e máis do comité de folga pola negativa de Correos de manter unha negociación encamiñada a solucionar o problema...

A CONCENTRACIÓN dos traballadores/as de Correos de Vigo apoiados por algúns delegados e compañeiros/as doutras provincias será diante do Edificio da Dirección Territorial de Correos en Galicia na rúa do Franco de Compostela dende as 10:00 ata as 12:00 horas.

O Partido Popular aposta por rebaixar o sueldo os funcionarios e reducir o emprego público

Tratan de deixarnos na ruína, e se temos a sorte de manter o emprego acabarán por matarnos de fame porque a este paso o noso poder adquisitivo estará por debaixo dos índices de pobreza total moito antes do que pensamos.


Ata cando imos soportar estes abusos, como podemos permitir que nos manipulen igual que se non tivesemos outra posibilidade.

A loita debe acentuarse, hai que dar un paso adiante XA!

Ollar a noticia no CONFIDENCIAL

28 de xuño de 2012

PRIVATIZACIÓN DE CORREOS ¿ PARA CANDO E POR CANTO?

NON ESTÁN DUBIDANDO SE VENDER CORREOS OU NON VENDELO, SENON QUE XA SE ESTA FALANDO DE POÑERLLE UN PREZO A VENDA E MIRANDO CANDO PODERÍA SER PARA OBTER MAÍS BENEFICIOS


 

Segundo a SEPI a privatización de Correos, aínda que complicada, pode ser a curto prazo en canto empece a recuperarse o mercado.







 
Non deixan de facer conxecturas dende todas as partes, xogango connosco como se fósemos uns fríos números ós que poden borrar ou mover sen pestanexar.


Nin o Goberno nin o Presidente nin os directivos de Correos abren a boca para informarnos ós traballadores e traballadoras sobre o noso futuro inmediato.

Dende a CIG - Correos temos en trámite unhas preguntas parlamentarias para que nos contesten sobre este particular porque entendemos que temos dereito a coñecer o noso futuro e non poden ignorarnos e obrar sen contar para nada connosco.


Nota de Prensa:  

MANIFESTACIÓNS DA CIG ESTE DOMINGO DIA 1 DE XULLO ÁS 12:00 HORAS

Estas Manifestacións están convocadas pola CIG contra a estafa do rescate á banca que vai traer máis recortes e sacrificios para a clase obreira asi como a transformación da débeda privada en débeda pública.






Horarios e lugares das manifestacións:

-A Coruña: ás 12:00 horas  dende a Praza de Vigo.
-Santiago: ás 12.00 horas dende a Praza Roxa.
-Lugo: ás 12:00 dende a Ronda da Muralla (edificio sindical).
-Ourense: ás 12:00 horas dende o Pavillón dos Remedios.
-Pontevedra: ás 12:00 horas dende a Praza da Ferrería.
-Vigo: ás 12:00 horas dende o cruce da Doblada.
-Vilagarcía de Arousa: ás 12.00 horas dende a Casa do Mar.
-A Estrada: ás 12.00 horas dende a Praza do Concello.


Para máis información preme AQUÍ

27 de xuño de 2012

NOMEADOS OS XEFES DE OFICINA




DIRECTORES DE OFICINA
(CONCURSO PARA PROVISIÓN DE POSTOS)


LISTADO DEFINITIVO DE APROBADOS
E ADXUDICACIÓN DOS DESTINOS



Con data do 27 de xuño Correos publicou a Resolución cos destinos asignados ós candidatos aprobados que participaron na convocatoria para a provisión de postos de traballo de dirección de oficinas.

Tanto a Resolución como o listado coa asignación de destinos podes atopalo na Intranet de Correos (Conecta) ademais de estar publicado nos taboleiros da Dirección de Zona e nas Unidades provinciais de Recursos Humanos.


Cese no posto actual: 30 de setembro de 2012

Incorporación efectiva: A partir do 1 de outubro de 2012.

Prazos de Toma de Posesión:

         Na mesma localidade: O día seguinte do cese
         Entre localidades da mesma provincia ou illa: 2 días hábiles
         Entre localidades da península de distinta provincia: 6 días hábiles
         Entre illas, Ceuta e Melilla e Península: 10 días hábiles


Se queres facer calquera consulta ou para mais información ponte en contacto coa xente da CIG Correos

PROMOCION INTERNA CORREOS SUBGRUPO C1




RESOLUCIÓN COA RELACIÓN DEFINITIVA DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS PARA AS PROBAS DE PROMOCIÓN INTERNA PARA O SUBGRUPO:

C-1 (CORPO EXECUTIVO)





Foi aprobado este listado de admitidos e excluídos en Resolución asinada polo presidente de Correos o pasado día 26 de xuño de 2012.


Estes listados así como a resolución están publicados na intranet de Correos (conecta).


Tamén podedes consultar os mesmos poñéndovos en contacto coa xente da CIG-Correos da vosa comarca.

26 de xuño de 2012

ACTIVIDADES FORMATIVAS INAP 2012 (FUNCIONARIOS)

Cursos de Formación para funcionarios do Instituto Nacional da Administración Pública para o segundo semestre do ano 2012





Estes cursos, son valorables tanto na mobilidade interministerial coma na promoción interna da Administración de Estado.
 
O 20 de xuño publicouse no  BOE (núm. 147) a oferta de Actividades Formativas do Instituto de Administracións Públicas que se desenvolverán no segundo semestre de 2012.
 
- Formación en idiomas INGLÉS, FRANCÉS Y ALEMÁN, dirixida a funcionarios en modalidade  ON LINE, PRESENCIAL Y VIRTUAL.
- Formación en materias xerais de xestión e administración, dirixidas a grupos e subgrupos A2, B, C1 e C2.
- Formación descentralizada específica da administración local en modalidade presencial.
-Actividades formativas en material de Administración Electrónica.
 
A presentación das solicitudes será telemática e o seu prazo de inscrición é ata o 4 de xullo.

Para máis información e para facer as solicitudes entrade na páxina do INAP

22 de xuño de 2012

CORREOS FORMACION (Curso de aforro de enerxía no posto de traballo)



Correos oferta 25.000 prazas para o Curso "COMO AFORRAR ENERXÍA NO POSTO DE TRABALLO". O poderán realizar tanto funcionarios coma persoal laboral que estean en activo ao inicio e durante o curso.


O curso terá unha  duración de 1 semana, impartirase en modalidade  on-line a partir do mes de setembro.

O prazo de inscrición é dende o 22 ao 29 de xuño a través do Campus virtual http://formacion.correos.es, sendo remunerado coa compensación habitual por custos de conexión a Internet.

Unha vez rematado o proceso de inscrición, Correos comunicará vía correo electrónico e sms, as datas de realización do curso.

A formación realizarase a partir do mes de setembro -recomendan aceptar a modalidade de citación por sms-.

O curso incluirase no expediente formativo de todos os alumnos que completen a acción formativa.

Ante posibles dificultades técnicas durante a inscrición e/ou realización do curso, os alumnos deberán dirixirse ao Centro de Atención ao Estudante: centro.atencionestudiante@telefonica.es

SE DESENCHUFARAN A QUEN REALMENTE PRODUCE UN GASTO INNECESARIO QUEDARÍAMOS EN CORREOS TOTALMENTE SANEADOS ECONOMICAMENTE

LABORAIS (Descontos por baixa)


OLLO COS DESCONTOS NOS TRAMOS DO PERSOAL LABORAL QUE ESTEA DE BAIXA POR ENFERMIDADE!!!

 

Grazas á firma das nosas queridas cuatrillizas  CCOO, CSIF, UGT e  S.L.  asinantes do III Convenio e Acordo Xeral, o persoal laboral recibe un verdadeiro revés por estar de baixa.





A partir do 1 de xaneiro deste ano, o persoal laboral non soamente recibe o desconto do  C.P.A.  e o correspondente aos tres primeiros días de ausencia establecidos por lei, senón que ademais non cobra os tramos durante un trimestre.

Correos unha vez máis vense beneficiado grazas aos sindicatos asinantes que ao non chegar a un acordo no seo da Comisión paritaria no prazo establecido na disposición transitoria terceira do III Convenio Colectivo no que di: "pasados seis meses dende a firma do convenio (asinouse en abril do ano pasado) e non se alcance un acordo, poderase aplicar automaticamente para todo o persoal laboral os criterios de absentismo que se estableceron na disposición transitoria segunda"  son:

* En caso de que se supere o 4% de absentismo no trimestre ( 4 días), déixase de cobrar o tramo durante os tres meses seguintes. Isto é o que aplican a partir de xaneiro

Exemplo dos descontos. Un traballador que estivo 10 días de baixa en xaneiro, tería os seguintes descontos:

En xaneiro: o 50% dos tres primeiros días de baixa = 36.57€
Nos meses de meses de febreiro, marzo e abril non cobras os tramos por superar o 4% de absentismo (mais de 4 días de baixa en xaneiro) que dependendo no tramo no que esteas pode ser un desconto de:
            Tramo 1: 18.28€ X 3 = 54.84€
            Tramo 2: 31.43€ X 3 = 94.29€
            Tramo 3: 43.85€ X 3 = 131.55€
            Tramo 4: 55.52€ X 3 = 166.56€
            Tramo 5: 71.59€ X 3 = 214.77€
            Tramo 6: 91.31€ X 3 = 273.93€ (tramo no que esta a maioría do persoal laboral)
En febreiro: días directos do  CPA = 63.07€
En abril: 2 días do  CPA = 12.61€

Total descontos si estas no último tramo = 386.18€

Outra proba máis de como os asinantes lle aforran diñeiro á empresa, recordar que no seu día xa o fixeron cos tramos e o recoñecemento da antigüidade que houbo que reclamala nos xulgados.

 

21 de xuño de 2012

A CIG acorda iniciar unha campaña de mobilizacións contra a estafa do rescate

Convoca manifestacións nas sete cidades galegas e en Vilagarcía e na Estrada o 1 de xullo

A Executiva Confederal da CIG reunida este luns, acordou pór en marcha unha campaña de información, sensibilización e de mobilizacións ante o anuncio do resgate do sector financeiro por uns 100.000 millóns de euros. A campaña consiste na convocatoria de actos nas empresas e na vía pública, xunto coa convocatoria de concentracións de delegados/as en todas as cidades e de manifestacións nas sete comarcas de Galiza, o día 1 de xullo, para denunciar “o saqueo dos gobernos e da banca á clase traballadora”.


Para máis información e para coñecer os horarios e lugares das manifestacións preme AQUÍ

Promoción Interna Correos.

RESOLUCIÓN COA RELACIÓN DEFINITIVA DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS PARA AS PROBAS DE PROMOCIÓN INTERNA PARA OS SUBGRUPOS:

A-1 (CORPO SUPERIOR) 

A-2 (CORPO DE XESTIÓN) 

C-2 (CORPO DE AUXILIARES)


Foron aprobados estes listados de admitidos e excluídos en Resolución asinada polo presidente de Correos o pasado día 19 de xuño de 2012.

Estes listados así como a resolución están publicados na intranet de Correos (conecta).

Tamén podedes consultar os mesmos poñéndovos en contacto coa xente da CIG-Correos da vosa comarca.

Como podedes comprobar está pendente a resolución coa relación de admitidos e excluídos do subgrupo C-1 (Corpo de Executivos). Imaxinámonos que non tardará en ser aprobada e publicada.

18 de xuño de 2012

MUFACE (BECAS DE ESTUDIO)

BECAS ESTUDIO PARA MUTUALISTAS, DE RENOVACIÓN DE RESIDENCIA PARA FILLOS E ORFOS DE MUTUALISTAS E BECAS DO LEGADO CASADO DE LA FUENTE PARA ESTUDIOS DE AGRÓNOMOS CURSO 2012-2013




Con data do 14 de xuño de 2012 no BOE nº 142 publicouse a convocatoria de MUFACE para estas becas.

O prazo para facer as solicitudes depende da beca que se solicite:

Becas de Estudio para mutualistas: Ata o 31 de decembro de 2013.
Becas de Residencia de Renovación: Ata o 31 de outubro de 2012.
Becas do Legado Casado de la Fuente para estudiar Agrónomos: Ata o 31 de outubro de 2012.

Achegámosche o enlace do BOE onde se atopa a publicación da convocatoria, onde poderás encontrar toda a información que precises:

Preme AQUI


Se precisas máis información ponte en contacto coa xente da CIG Correos da túa comarca


13 de xuño de 2012

EMPEZA CON REBAIXAS O PASE DE CORREOS Á S.E.P.I.

Agora que dende o día 7 de xuño xa esta formalizado o traspaso das accións de Correos para o S.E.P.I., afectaranos a rebaixa salarial do 25% que o Goberno lle quere impoñer as empresas públicas que estan dentro da S.E.P.I.?





Prensa:
Finanzas ,  
El Economista ,  
Confidencial

12 de xuño de 2012

Convocadas as axudas do Plan de acción Social 2012

Grazas os cambios que sufriron estas convocatorias con relación ás do ano pasado non só se van a ver reducidas as cantidades a percibir polos solicitantes senón que tamén se vai reducir o número de beneficiados das axudas e o máis significativo e penoso é que non van ir a parar estas axudas a quen máis as necesita dentro do noso colectivo porque basan a súa concesión case que exclusivamente nos haberes de Correos do solicitante, sen ter en conta para nada a renda per cápita da unidade familiar. 


  • ANTICIPOS E PRESTAMOS
    • Para: Funcionarios e Laborais Fixos en activo (Ollar exclusións)
    • Prazo de Solicitudes: Ata o día 20 de xullo de 2012.
    • Previsión de Pago: Segundo a dispoñibilidade.
    • Convocatoria
    • Solicitudes
  • AXUDAS POR FALECEMENTO
    • Para: Familiares de laborais fixos en activo ou eventuais con 2 anos traballados nos ultimos 6 e con contrato en vigor cando faleceron.
    • Prazo de solicitudes:
      • Ata o día 31 de decembro de 2012
      • Se o falecemento foi entre o 13 e o 31 de decembro o prazo amplíase ata o día 15 de xaneiro de 2013.
    • Previsión de Pago: Durante todo o ano.
    • Convocatoria
    • Solicitudes
  • AXUDAS Ó ESTUDIO (PARA FILLOS)
    • Para: Funcionarios e Laborais Fixos en activo e eventuais con 2 anos traballados nos ultimos 6 e con contrato en vigor cando se faga a solicitude.
    • Prazo de solicitudes: Ata o día 31 de outubro de 2012.
    • Previsión de Pago: Nómina de decembro de 2012.
    • Convocatoria
    • Solicitudes
  • AXUDAS Ó ESTUDIO (PARA PLANS UNIVERSITARIOS)
    • Para: Laborais Fixos en activo cando a solicitude e cando se cobre asi como os eventuais con 2 anos traballados nos ultimos 6 e con contrato en vigor cando se faga a solicitude.
    • Prazo de solicitudes: Ata o día 31 de outubro de 2012
    • Previsión de Pago: Nómina de decembro de 2012.
    • Convocatoria
    • Solicitudes
  • AXUDAS EDUCACIÓN INFANTIL
    • Para: Funcionarios e Laborais Fixos en activo cando a solicitude e cando se cobre asi como os eventuais con 2 anos traballados nos ultimos 6 e con contrato en vigor cando se faga a solicitude.
    • Prazo de solicitudes: Ata o día 15 de setembro de 2012
    • Previsión de Pago: Nómina de outubro de 2012.
    • Convocatoria
    • Solicitudes
  • AXUDAS FILLOS DISCAPACITADOS
    • Para: Funcionarios e Laborais Fixos en activo cando a solicitude e cando se cobre, e os eventuais con 2 anos traballados nos ultimos 6 e con contrato en vigor cando se faga a solicitude, con fillos ou familiares baixo tutela (non ascendentes) cun 33% ou máis.
    • Prazo de solicitudes: Ata o día 15 de setembro de 2012.
    • Previsión de Pago: Nómina de outubro de 2012
    • Convocatoria
    • Solicitudes
  • AXUDAS Á SAÚDE (GASTOS ANO 2011)
    • Para: Funcionarios e Laborais Fixos en activo cando a solicitude e cando se cobre, e os eventuais con 2 anos traballados nos ultimos 6 e con contrato en vigor cando se faga a solicitude.
    • Prazo de solicitudes: Ata o día 1 de outubro de 2012
    • Previsión de Pago: Nómina de novembro de 2012.
    • Convocatoria
    • Solicitudes

8 de xuño de 2012

A CIG DENUNCIA NO SUPREMO OS VERDADEIROS RESPONSABLES DA CRISE

CIG e ELA presentan perante o Supremo denuncia contra os presidentes do Goberno, ministros de Economía e gobernadores do Banco de España.

Responsabilízanos de non actuar para impedir a grave situación de crise económica e por ter provocado nefastas consecuencias para a poboación.

Para máis información: AQUÍ

6 de xuño de 2012

A CIG de Ferrol convoca unha xornada de loita comarcal o vindeiro 28 de xuño


A central convoca unha folga de cinco horas (de 09:00 a 14:00 horas), marchas dende os polígonos e unha manifestación ás 12:30 horas

Os voceiros da CIG de Ferrol compareceron este martes en rolda de prensa para anunciar que a central nacionalista vai realizar unha xornada de loita contra a "dramática situación" económica e laboral que padece a comarca o vindeiro xoves 28 de xuño. A xornada de loita incluirá a convocatoria dunha folga parcial, entre as 09:00 e ás 14:00 horas, marchas de traballadores/as dende os polígonos de Río do Pozo e Vilar do Colo e unha manifestación central que percorrerá as rúas de Ferrol a partir das 12:30 horas.

Para máis información Preme Aquí

Prensa: Voz de Galicia 


 

5 de xuño de 2012

Folga de Vigo: 40.000 envíos sen repartir

O primeiro día de paro na central de Correos de VIGO deixa 40.000 envíos sen repartir




Prensa: FARO DE VIGO

AXUDAS PARA LIBROS E MATERIAL ESCOLAR DA XUNTA DE GALICIA


 

 

Publicada no DOG do 1 de xuño a Orde da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a convocatoria destas axudas destinadas ó alumnado de primaria, secundaria obrigatoria e educación especial dos centros públicos para o curso escolar 2012-2013.

Para máis información e para ollar a Orde da Consellería PREME AQUÍ

4 de xuño de 2012

MANIFESTACIÓN DE CORREOS EN VIGO

Contra os recortes de persoal
En defensa dos postos de traballo


MARTES, 12 XUÑO ÁS 20:00 HORAS

Saída dende a central de Correos de Vigo

Convocan CIG, CCOO, UGT, CGT e S.L.

PROMOCIÓN INTERNA: LUGAR, DATA E HORA DO EXAME


PUBLICADA NO B.O.E. A RESOLUCIÓN POLA QUE SE APROBAN OS LISTADOS PROVISIONAIS DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS

LUGAR, DATA E HORA DO EXAME



Con data do 2 de xuño publicouse no BOE a Resolución pola que se aproban os listados de admitidos e excluídos, lugares e horas dos exames. 

CORPO SUPERIOR POSTAL E DE TELECOMUNICACIÓN:
-   23 de xuño, en Madrid
-   Hora Chamamento: 09:30, Hora Exame: 10:00
-   Centro  Formación de Correos. Rúa Conde Peñalver 19

CORPO XESTIÓN POSTAL E DE TELECOMUNICACIÓN:
-   24 de xuño, en Madrid e Barcelona
-   Hora Chamamento: 09:00, Hora Exame: 10:00
-   En Madrid: Facultade Bioloxicas. Complutense.
-   En Barcelona: Facultade de Física e Química.

CORPO EXECUTIVO POSTAL E DE TELECOMUNICACIÓN:
-   30 de xuño, nas 17 localidades previstas na convocatoria
-   Hora Chamamento: 09:00, Hora Exame: 10:00
-   En Santiago de Compostela: Facultade de Económicas

CORPO AUXILIAR POSTAL E DE TELECOMUNICACIÓN:
-   23 de xuño, en Madrid
-   Hora de Chamamento: 09:30, Hora Exame: 10:00
-   Centro Formación de Correos. Rúa Conde Peñalver 19

PRAZOS:  

- O prazo para reclamar a exclusión ou corrección de erros rematará o 14 de xuño.
As reclamación irán dirixidas por Correo Certificado a: 
Servicio de Selección y Provisión, Subdirección de Gestión de Personal, Dirección de Recursos Humanos, Vía Dublín nº 7 - 5ª Planta, 28070, Madrid.
Deberás poñer como referencia: Promoción Interna + O corpo ó que se promociona.
 

- Os Discapacitados que necesiten adaptación deberán comunicar esta antes do 9 de xuño de 2012.
As comunicacións irán dirixidas á mesma dirección do Servicio de Selección e Provisión ou ó FAX 915963590 

Para ver a Resolución do BOE publicada o día 2 de xuño de 2012 preme AQUÍ

PARA COMPROBAR SE ESTAS ADMITIDO/A OU EXCLUÍDO/A E PARA MAIS INFORMACIÓN CHAMA Á CIG-CORREOS

3 de xuño de 2012

Manifestacion en defensa da Sanidade e o Ensino públicos

Miles de persoas percorren Compostela en defensa da Sanidade e o Ensino públicos ( 3 de xuño)

Exixen a retirada dos recortes impostos desde Madrid, invadindo competencias da Xunta de Galiza, e que o goberno galego non os aplique

Agardábase multitudinaria e cumpríronse os prognósticos. Miles de persoas, chegadas de toda Galiza, sumáronse en Compostela á manifestación en defensa da Sanidade e do Ensino públicos. Ao remate, na praza da Quintana, Uxía Senlle e María Xosé Silvar, Sés, puxeron a música, xunto con Patricia Vázquez e Xurxo Souto, que foron os encargados de levar o acto de clausura. Un pai, en representación da Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público e Manuel Martín, portavoz da Plataforma SOS Sanidade Pública deron lectura aos manifestos. Con toda rotundidade e contundencia, as persoas asistentes proclamaron que “O público é servizo; o privado, beneficio”.

Para máis información e galería de fotografías preme AQUÍ:

2 de xuño de 2012

FOLGA INDEFINIDA NA U.R. 1 DE VIGO

Dende o día 4 de xuño os sindicatos CIG, CCOO, UGT, CGT e S Libre teñen convocada unha folga indefinida entre as 07:30 horas e as 11:15 horas na U.R. 1 de Vigo.

Esta convocatoria de Folga Indefinida de Media Xornada é a primeira resposta despois que Correos optara por reducir 13 postos de traballo dos 52 existentes na Unidade de Reparto 1 de Vigo, onde estan ubicados os Distritos 1, 2, 3 e 4 desta cidade.

A aplicación desta medida fíxose efectiva no día 1 de xuño, quedando de manifesto por un lado a falta de organización por parte de Correos para poñer en práctica os recortes, pois tendo en conta que non foi unha medida tomada con premura, non souberon prepararse para que non houbera problemas, e mais ben ocurríu todo o contrario: o persoal tivo que atender a clasificación ata en tres mesas diferentes saltando dunha para outra, os rótulos cos planos e rueiros de cada sección estaban sen colocar nas mesas, rotulacións de rúas equivocadas... Pero o máis grave e significativo e que a medida de reducir os postos nun 25% non é asumible sempre e cando se queira manter un reparto diario da correspondencia garantindo un servizo de calidade ós usuarios, pois vaise atrasar a entrega do correo e as acumulacións van a ser o problema diario co que nos vamos atopar.
Non queremos pensar que dende Correos traten de deixar caer a calidade do servizo para desacreditar a prestación do mesmo como servizo público e favorecer desa maneira o pase a unha privatización. Por elo tamén entendemos que as medidas tomadas en Vigo na U.R.1 son contrarias ó mantemento dun Correos como servizo público de calidade.

Así as cousas, demandamos de Correos que revirta a situación, empezando por facer un novo seguemento obxectivo e coherente para determinar e establecer as necesidades reais de persoal da zona centro da cidade de Vigo, sempre tendo como premisa o respecto pola prestación dun servizo público de calidade que garanta o emprego asi como os dereitos dos cidadans a recibir diariamente a súa correspondencia.

1 de xuño de 2012

Manifestación en defensa da Sanidade Pública

Manifestación en defensa da Sanidade Pública

Domingo día 3 de xuño ás 12:00 horas

Dende a Alameda de Compostela



A plataforma cidadá SOS Sanidade Pública convoca para este domingo, día 3 de xuño, ás 12:00 horas, unha manifestación, que se agarda multitudinaria. Denuncia que as medidas de recorte tomadas polo Goberno Central, coa complicidade da Xunta de Galicia, introducen cambios fundamentais no sistema sanitario público que atentan contra a universalidade, a accesibilidade, a equidade e o carácter redistributivo da Sanidade Pública, e supoñen o inicio dunha contrarreforma sanitaria. A CIG, organización integrada na plataforma, fai un chamamento a participar nesta mobilización, para que a resposta a estas políticas sexa contundente e masiva.

Para máis información prema Aquí: