30 de maio de 2012

CIG CORREOS INFORMA



25000 PRAZAS PARA O CURSO DE  INGLÉS BÁSICO PARA  ATENCIÓN AO CLIENTE EN CORREOS




Correos convoca un curso de inglés básico cuxos contidos están adaptados aos procesos e produtos postais para facilitar a atención, información e venda ao cliente estranxeiro.

O curso está dirixido a traballadores/as do Grupo IV, tanto laborais
fixos como funcionarios, en activo ao inicio do curso, que desenvolvan
o seu traballo en postos nos que se relacionen co público
(oficinas e distribución -carteiros/as-).

A modalidade do Curso  é  on-line fóra da xornada laboral.

O QUE NON DIXO O PRESIDENTE DE CORREOS NO CONGRESO DOS DEPUTADOS


... DIXOO EN XENEBRA NA REUNIÓN MUNDIAL DE MAIL E EXPRESS EUROPE



O PRESIDENTE DE CORREOS CRE QUE HAI QUE REDUCIR UN 25% DO PERSOAL, TAMÉN SE LAMENTABA DE NON TER UNHA BANCA PROPIA E DA SÚA INTENCIÓN DE POTENCIAR O NEGOCIO DA PAQUETERÍA


29 de maio de 2012

PROMOCIÓN INTERNA 2012 PARA FUNCIONARIOS/AS

DATAS E LUGARES DOS EXAMES



O día 29 de maio Correos informa das datas e lugares onde se van celebrar os exames das diferentes convocatorias de promoción interna de funcionarios/as:

CORPO SUPERIOR POSTAL E DE TELECOMUNICACIÓN:
ü          23 de xuño, en Madrid

CORPO XESTIÓN POSTAL E DE TELECOMUNICACIÓN:
ü          24 de xuño, en Madrid e Barcelona

CORPO EXECUTIVO POSTAL E DE TELECOMUNICACIÓN:
ü          30 de xuño, nas 17 localidades previstas na convocatoria (En Galicia: Santiago de Compostela)

CORPO AUXILIAR POSTAL E DE TELECOMUNICACIÓN:
ü          23 de xuño, en Madrid

Nos próximos días publicarán na Intranet no Canal Personas de Conecta,  apartado Convocatorias, os listados de admitidos e excluídos, lugares dos exames e os detalles das convocatorias.

Así mesmo, en breve, publicarase no B.O.E. a resolución pola que se aproba a relación provisional de candidatos admitidos e excluídos.

28 de maio de 2012

MANIFESTACIÓN DA CIG CORREOS


EN CONTRA DA PRIVATIZACIÓN DE CORREOS, POR UN CORREOS PÚBLICO, GALEGO E DE CALIDADE

(Compostela, 26 Maio 2012)



Dende a CIG Correos non estamos satisfeitos co seguimento da Manifestación, pero sí que nos sentimos orgullosos de todos aqueles e aquelas que fixestes un sitio no voso fin de semana para achegarvos a Compostela aínda que as condicións climatolóxicas fosen tan adversas.
Non é hora de facer reproches. Tan só agardamos que cando a maioría se de conta da situación na que realmente estamos que non sexa demasiado tarde para actuar e revertila. Daquela, seguro que moitos de vos xa non vos lembraredes que dende a CIG Correos vos brindamos a oportunidade de manifestar a vosa postura contraria á Privatización e en favor dun Correos Público, Galego e de Calidade.




Prensa: Sermos, Avantar,


24 de maio de 2012

A CIG CORREOS ten convocada Manifestación Contra a Privatización de Correos para este sábado día 26 ás 12 Horas dende a Alameda de Compostela

Dende a CIG ademais de estar en contra da privatización seguimos pelexando por un Correos Público Galego de Calidade que nos permita manter a Correos como Servizo Público a través duns orzamentos suficientes e unha compensación a custo real pola prestación do Servicio Postal Universal, que sexa garantía do mantemento dun emprego estable e digno, que serva para actualizar as retribucións recuperando o poder adquisitivo perdido, pagando segundo o custo real a achega de vehículos e locais, mentres que non os aporte a empresa, eliminando as penalizacións por absentismo, que mellore as nosas condicións laborais, non aplicando a reforma laboral en Correos, cubrindo as ausencias con substitución sin recurrir ós recargos, extendendo o librado de sábados a todo o persoal, así como os nosos dereitos, igualando os do persoal funcionario cos do persoal laboral e asumindo os establecidos para a Función Pública e mantendo aberta a porta a unha negociación colectiva non discriminatoria onde haxa participación dos sindicatos con representación.


¡¡ MOBILÍZATE ¡¡ 
A TÚA PRESENZA FAISE IMPRESCINDÍBEL

22 de maio de 2012

RECORTES DE PERSOAL EN CORREOS DE VIGO



Empezan os recortes da Empresa na UR-1 de Vigo (Praza de Compostela). Na actualidade con unha Plantilla composta de 52 Traballadores de Reparto a Pe,  un Traballador de Reparto en Moto, un Ruteiro e un Trafico Interior. Na Reunión mantida cos responsables provinciais, Xefe de Explotación e Xefe de Distribución, ase como por parte de Zona co Xefe de Relacións Laborais e o Xefe do Equipo de Dimensionamento, se nos comunica ós representantes de persoal:

Eliminación de 13 carteiros (dos actuais 52) no Centro de VIGO o que é totalmente INASUMIBEL, segundo a seguinte distribución

21 de maio de 2012

O mércores 23 de maio novas concentracións da CIG contra a Reforma Laboral


A CIG convoca concentracións nas cidades galegas coincidindo coa aprobación da reforma laboral no Congreso dos Deputados

Vigo, A Coruña, Santiago, Ferrol, Pontevedra, Ourense e Lugo acollerán mobilizacións para rexeitar os ataques do Goberno español do PP aos dereitos da maioría social
A Confederación Intersindical Galega convoca concentracións nas sete cidades galegas este mércores 23 para rexeitar a reforma laboral que o Goberno español do Partido Popular ten previsto aprobar no Congreso dos Deputados ao día seguinte. A central nacionalista chama á clase traballadora galega a responder na rúa os ataques contra os dereitos da maioría social.
Para máis información e Para coñecer os horarios e lugares das concentracións PREME AQUÍ

18 de maio de 2012

A C.I.G. CORREOS EN DEFENSA DO GALEGO




25.000 persoas marchan sobre Compostela en defensa da lingua no Día das Letras Galegas

A manifestación foi convocada pola plataforma cidadá “Queremos Galego” baixo o lema “Paremos os ataques contra o galego”
Arredor de 25.000 persoas sumáronse á manifestación convocada pola plataforma cidadá Queremos Galego, na que está integrada a CIG, baixo o lema “Paremos os ataques contra o galego”. A mobilización rematou na praza da Quintana, que se quedou pequena para acoller a todas as persoas desprazadas a Compostela de todas as partes de Galiza.
Para máis información preme AQUÍ:

16 de maio de 2012

2.000 cartas ordinarias están sen repartir no rural do Milladoiro

CIG-Correos denuncia que desde o día 26 de abril até o 2 de maio, non houbo servizo de reparto de correspondencia en parte da zona rural do Milladoiro. Segundo explican, esta situación viu provocada porque a  traballadora titular estaba de permiso e Correos non a substituíu. A consecuencia disto é que, neste intre, acumúlanse preto de 2.000 cartas ordinarias pendentes de reparto. Moitas delas, subliñan, mesmo con citacións médicas.


Para máis información preme Aquí:

13 de maio de 2012

MUFACE convoca axudas para a compra de vivenda


Publicada  no BOE 113 do 11 de maio de 2012 a resolución do 23 de abril pola que se convocan estas axudas para mutualistas de MUFACE.

Características destas axudas: Consisten na cobertura por parte de MUFACE de 0,20 puntos do tipo de interés dos prestamos concedidos ós mutualistas pola compra da primeira vivenda habitual durante este ano 2012 cun límite de 350 €. 

 As solicitudes dirixiranse a MUFACE presentadas nas súas oficinas de rexistro e feitas no impreso oficial que se obten nas delegacións de MUFACE ou na súa páxina web: http://www.muface.es

O prazo para presentar as solicitudes non remata ata o 31 de xaneiro do 2013.

Para máis información olla a convocatoria  Aquí:

11 de maio de 2012

CURSO ACREDITACION ATENCION CLIENTE





PUBLICADO O LISTADO DE APROBADOS



RELACIÓN DE APROBADOS:

Podes consultar a relación de aprobados chamando á CIG Correos ás túas comarcas

Tamén podes acceder dende o teu posto de traballo a través da intranet corporativa:                (https://conecta.correos.es/personas/Paginas/Formacion.aspx)


RECLAMACIÓNS:

     O prazo de reclamacións remata o vindeiro 17 de maio de 2012, lembrade que en Galiza é día festivo, por se tedes pensado reclamar dende o traballo.

   Deben cursarse unicamente vía correo electrónico a través do buzón de formación:(formación@correos.com) Indicando no asunto: “Referencia ATC: Prueba Presencial”  e achegar ó mesmo a documentación que xustifique a reclamación.
  
      Ollo, non tramitarán ningunha reclamación que non se faga por esa vía.

10 de maio de 2012

Concentración de delegados da CIG Correos...

CONTRA A PRIVATIZACIÓN DE CORREOS

CIG-Correos mobilízase para alertar das consecuencias que tería a privatización

Convocan unha manifestación para o vindeiro 26 de maio, en Compostela

Para máis información prema Aquí

Prensa: La Voz de Galicia,
 DEFENDE O QUE É TEU
MOVILIZATE COA

8 de maio de 2012

CAMPAÑA DA C.I.G. CONTRA A PRIVATIZACIÓN DE CORREOS


Con esta concentración de delegados da CIG diante da Dirección de Zona de Compostela para este xoves día 10 de maio, dende a CIG Correos damos comenzo a unha campaña en defensa de Correos como Servizo Público, contra a Privatización de Correos e na demanda dun Correos Público Galego e de Calidade que vertebre o territorio garantindo a prestación deste servizo sen discriminación por razón de residencia, que manteña o emprego, que actualice as retribucións e que mellore as condicións laborais e dereitos dos seus traballadores e traballadoras.
Esta campaña vai a ter o seu remate cunha GRAN MANIFESTACIÓN en Compostela para o sábado día 26 de maio ás 12:00  á que estan convocados todos e todas os traballadores/as de Correos de Galiza.




2 de maio de 2012

O 6 de maio realizarase a proba presencial de Directores de Oficinas

A proba presencial de coñecemento, aptitudes e competencias da convocatoria de 10 de Outubro de 2011 da Dirección de RRHH para a provisión de postos de traballo de Direccion de Oficinas, celebrarase o domingo 6 de maio en Santiago de Compostela para a Zona 1.

Os candidatos deberán ir provistos o dia da proba de: DNI ou documento que acredite a sua identidade, lapiz do Nº2, goma de borrar e bolígrafo.

O chamamento escomenzará as 9:30 e o inicio da proba será as 10:00. 
O lugar de celebración da proba será no HOTEL CONGRESO
Rúa das Mamoas de Montouto,nº4    15886 Montouto, Teo, Santiago.

Coordenadas GPS:
Latitude:  42°50'9.31"N
Lonxitude:  8°32'45.63"O


Prema aquí para ver como se chega dende Santiago

 
Para calquera aclaración ou consulta do listado, poñedevos en contacto coas Unidades de RRHH da vosa provincia


1 de maio de 2012

Unhas 60.000 persoas maniféstanse coa CIG no Primeiro de Maio en contra dos recortes sociais e laborais do PP


A central chama a continuar no proceso de acumulación de forzas e de contestación para crear un escenario favorábel aos intereses da clase traballadora galega.

 Para máis información prema Aquí: