28 de abr. de 2012

A CIG denuncia que os orzamentos xerais do Estado non tratan de corrixir, nin sequera paliar, a grave situación económica


Considera que o proxecto presentado polo PP non aposta nin por dinamizar a actividade económica, nin por fomentar o emprego


Para máis información prema Aqui:

27 de abr. de 2012

MOBILÍZATE (Acude ás Manifestacións da CIG)


A CIG convoca mobilizacións por todo o país coincidindo co Día Internacional da Clase Traballadora

Afrontamos este 1º de Maio sumidos/as nunha profunda crise económica que afecta de forma moi directa á clase traballadora a través da perda de miles de empregos, redución de salarios, precarización das condicións de traballo, perda de dereitos, etc. As políticas económicas, sociais e laborais que está a promover o PP a través dos Gobernos español e galego, seguindo as directrices de institucións como o FMI, o BCE ou a Comunidade Europea, responden ao seu modelo ideolóxico de economía neoliberal e de defensa dos intereses da banca, dos especuladores e da oligarquía financeira. Contra isto, a CIG chama á clase traballadora galega a participar nas mobilizacións convocadas en todo o país para reclamar emprego digno e rexeitar as medidas antiobreiras que se nos están a impoñer.

Para ver máis información e para ollar os horarios e saídas das manifestacións en todo o país Prema Aquí

20 de abr. de 2012

Quén pactou o recorte de 2000 postos de traballo en CORREOS?


Empeza o éxodo dos funcionarios de Correos, así o anunciaba onte 19 de abril o presidente de Correos na súa comparecencia diante da Comisión de Orzamentos do Congreso, co recorte  de 1900 ou 2000 traballadores que se levará a cabo a través de excedencias incentivadas e traspasos de funcionarios á Administración Xeneral do Estado, entre outras medidas que non especificou. Sinalando así mesmo que a compañía ten a obriga de adecuarse á "máxima velocidade posible á rápida baixada da demanda", estimada nos ingresos de explotación do 12%. Correos pechará o ano cunhas perdas brutas de 166,5 millóns de euros, o que multiplica por 55 os 3 millóns que perdeu en 2011.

A comparecencia do presidente de Correos créanos serias dúbidas:

13 de abr. de 2012

Respostas exame Atención Cliente

ANÚLANSE TRES RESPOSTAS DUDOSAS EN CADA OPCIÓN DE EXAME

Aqui tedes as repostas xa actualizadas dos diferentes Exames do curso de Acreditación de Atención Cliente, realizados o domingo 11 de marzo en Compostela

EXAME A 1-D 2-D 3-D 4-B 5-C 6-D 7-B 8-B 9-C 10-B 11-C 12-D 13-C 14-* 15-A 16-D 17-A 18-A 19-C 20-C 21-C 22-B 23-C 24-A 25-A 26-A 27-B 28-D 29-A 30-C 31-B 32-D 33-* 34-A 35-D 36-* 37-A 38-A 39-D 40-A 41-B 42-A 43-D 44-C 45-B 46-D 47-C 48-B 49-A 50-B

* Anuladas

Nota: O exame de incidencias -para as persoas que por causas xustificadas non puideron realizar o anterior exame- realizarase o sábado 21 de abril nas cabeceiras de zona.

(Actualizado a 13 Abril 2012)
EXAME B 1-D 2-D 3-A 4-C 5-A 6-B 7-* 8-D 9-A 10-A 11-B 12-C 13-C 14-D 15-A 16-B 17-C 18-A 19-D 20-C 21-D 22-A 23-B 24-A 25-B 26-D 27-D 28-C 29-B 30-A 31-B 32-C 33-D 34-C 35-B 36-B 37-C 38-* 39-B 40-A 41-A 42-D 43-C 44-A 45-C 46-B 47-* 48-A 49-D 50-D

 * Anuladas 


12 de abr. de 2012

Bolsas de emprego 2011


As Bolsas de Emprego 2011 entrarán en vigor o 1 de Maio...

 ...unha vez realizadas as adaptacións tecnolóxicas no sistema, incluíndo aos novos integrantes das bolsas e adaptando o programa aos novos criterios de contratación. Polo tanto as bolsas do ano 2008 terán vixencia ata o 30 de Abril de 2012.

10 de abr. de 2012

A CIG convoca concentracións este xoves día 12 de abril, en todas as cidades galegas, contra a reforma laboral

A central sindical exixe a retirada desta regresiva medida aprobada polo PP, que pretenden referendar, ese mesmo día, no Congreso dos Deputados

 Por iso convoca, para este xoves, día 12 de abril, concentracións en todas as cidades que terán lugar en:

- Compostela: Praza de Galiza, 20.00 horas.
- A Coruña: Delegación do Goberno, 20.00 horas.
- Vigo: Farola de Príncipe, 20.00 horas.
- Ourense: Subdelegación do Goberno, 20.00 horas.                   
- Pontevedra: Subdelegacióndo Goberno,20.00 horas.                  
- Lugo: Subdelegación do Goberno, 20.00 horas.
- Ferrol: Praza do Concello, 19.30 horas.    

                                                                                                           
Para máis información prema Aquí:        


4 de abr. de 2012

Méritos definitivos Directores de oficinas

 Correos publicou con data do 3 de Abril de 2012 os datos definitivos cos méritos dos participantes na convocatoria para a provisión de postos de traballo de Dirección de Oficinas, adscritos ao grupo profesional III: mandos intermedios.

Poderán consultar seus datos de maneira individual a través de Conecta ou dende a canle Persoas, no apartado convocatorias.

Os candidatos que superen esta primeira fase, realizarán a proba prevista para a valoración de coñecementos e competencias, o domingo 6 de maio de 2012

Correos publicará proximamente unha nota indicando os lugares de celebración da proba, horario e distribución dos por localidades.

3 de abr. de 2012

BOE: Promoción interna funcionarios

Publicado no BOE con data do 3 de Abril de 2012 as bases de convocatoria de probas selectivas para ingreso, pola quenda de promoción interna, no

1.-Corpo de Auxiliares Postais e de Telecomunicación.
  http://www.boe.es/boe/dias/2012/04/03/pdfs/BOE-A-2012-4623.pdf

2.-Corpo de Xestión Postal e de Telecomunicación.
 http://www.boe.es/boe/dias/2012/04/03/pdfs/BOE-A-2012-4624.pdf

3.-Corpo Executivo Postal e de Telecomunicación.
 http://www.boe.es/boe/dias/2012/04/03/pdfs/BOE-A-2012-4625.pdf

4.-Corpo Superior Postal e de Telecomunicación
 http://www.boe.es/boe/dias/2012/04/03/pdfs/BOE-A-2012-4626.pdf
MODELO DE SOLICITUDE 790
BASES DE CADA UNHA DAS CONVOCATORIAS