30 de mar. de 2012

MÁIS DUN 80% DO PERSOAL DE CORREOS DE GALICIA COA FOLGA XERAL

Os traballadores e traballadoras de Correos secundaron en gran medida a convocatoria de Folga Xeral deste xoves 29 de marzo cun paro superior ó 80% en toda Galicia, segundo as fontes da CIG.(Aínda que os datos da empresa non recollan unha incidencia tan ampla).



Dende a CIG Correos sentímonos orgullosos desta gran participación así como da presencia masiva en todas as manifestacións que se fixeron en todo o país. Entendemos que fixemos o noso cometido trasladándolle ó goberno o rechazo absoluto da clase traballadora diante desta Reforma Laboral que tratan de impoñer. Agora está na súa man e máis na de todos os políticos o escoitar e paralizala ou negar a realidade que se viviu na xornada de Folga Xeral e seguir adiante con ela. Pero teñen que saber que se toman este último camiño van atoparnos de novo e con máis forza, se cave, que a demostrada nesta Folga Xeral.

Máis información sobre a xornada de Folga Xeral en Galicia Aquí:

Os orzamentos do Estado confirman os recortes aprobados até o de agora para o sector público



O Ministerio de Facenda confirmou, na xuntanza da mesa xeral da Función Pública convocada na tarde deste mércores, o mantemento de todas as medidas adoptadas polo PP para os empregados públicos, á súa chegada ao goberno, que inclúen a conxelación salarial e unha taxa de reposición do 0%.


 
A CIG considera que a chamada ‘conxelación salarial’ é, en realidade un recorte e unha perda de capacidade adquisitiva. “Non se aplicará ningún incremento aos salarios, malia a suba do IPC. A isto hai que engadir que xa se nos rebaixaron os salarios nun 5%, e que tamén foron conxelados nos anos 2010 e 2011”, explica María Carme López Santamariña, que asistiu á Mesa en representación da central sindical.
Respecto da taxa de reposición,a secretaria nacional de CIG-Administración, explicou que se mantén nun 0% para todo o sector público, agás para o que denominan sectores básicos, Educación e Sanidade, en concreto Hospitais e Centros de Saúde, onde será dun 10%, ao igual que para os Corpos e Forzas de Seguridade do Estado, Forzas Armadas e corpos de loita contra a fraude fiscal.
Neste sentido, López Santamariña lembra que a CIG xa denunciou, no seu momento, as graves consecuencias que isto tería e xa está tendo para os servizos públicos e para o seu mantemento. “Advertimos daquela, e mantemos, que así o que se provocará será un colapso da administración e dos servizos públicos, que serán incapaces de atender ás demandas dos usuarios por falta de persoal”.
Para a CIG, tras desta medida agóchase a decisión do PP de ir “adelgazando a administración”, que non é outra cousa que “abocar ao peche a certos servizos públicos porque non será posíbel atendelos e favorecer a privatizacións dos que sexan máis rendíbeis”.

28 de mar. de 2012

As organizacións sindicais nacionalistas emiten un comunicado chamando a participar na folga xeral do 29 de marzo

As organizacións sindicais CIG, ELA, LAB, ESK, STEE-EILAS, Intersindical Canaria, CUT e Intersindical –CSC, veñen de emitir unha declaración conxunta chamando á cidadanía de Canarias, Euskal Herria, Galiza e os Països Catalans a secundar activamente a folga xeral do próximo 29 de marzo.
Declaración conxunta do sindicalismo nacional canario, vasco, galego e catalàn ante a convocatoria de folga xeral do próximo 29 de marzo.
Para máis información preme Aquí:

O Ministerio de Facenda convoca aos sindicatos, este mércores, para informar do contido dos orzamentos xerais do Estado

A CIG presentará unha queixa formal pola data e hora da convocatoria e por non contar con documentación algunha que permita facer unha valoración dos mesmos
O Ministerio de Facenda e Administracións Públicas vén de convocar ás organizacións sindicais CIG, ELA, CCOO, UGT e CSIF, con respresentacion na Mesa Xeral da Función Pública, para “informar” sobre o contido dos Orzamentos Xerais do Estado, sobre as reformas, condicións de traballo das/os empregados públicos, xestión de persoal nas administracións públicas, retribucions e demais aspectos.
Para máis información preme Aquí.

A CIG convoca manifestacións en todas as cidades e en numerosas vilas, na xornada de folga xeral

Até a hora das manifestacións, traballadores/as de todos os sectores, participarán nos piquetes, que visitarán os polígonos industriais e as zonas comerciais
A Confederación Intersindical Galega ten convocadas, na xornada de folga xeral, 13 manifestacións, que percorrerán as rúas de cidades e vilas de Galiza a partir das 11:45 da mañá. A manifestación central, á que asistirá o secretario xeral, Suso Seixo, sera en Vigo, con saída ás 12:00 horas desde a Doblada.
Para ollar a hora e o lugar de saída das outras manifestacións preme Aquí.

27 de mar. de 2012

CAMBIO DE TITULARIDADE DAS ACCIÓNS DA S.E. CORREOS E TELÉGRAFOS, S.A.


Ollade no B.O.E. onde se recolle o cambio de titularidade das accións da S.E. Correos e Telégrafos, S.A. o que lle pasa a inmensa maioría das sociedades e empresas estatais que entran a formar parte do S.E.P.I., non ten desperidicio a lectura.

Para enlazar co BOE preme Aquí:

26 de mar. de 2012

Puntos de partida das manifestacións e motivos polos que a C.I.G. fai manifestacións propias o día da FOLGA XERAL.

 
A mobilización principal celebrarase na cidade de Vigo e nela participará Suso Seixo
Dende o primeiro momento en que na CIG decidimos promover a convocatoria de folga xeral en Galiza paro o día 29 de marzo, insistimos en que era importante que houbese unha resposta o máis ampla posíbel da clase traballadora galega, e mesmo das outras nacións do Estado,  contra esta reforma laboral tan brutal, e nese sentido manifestamos a nosa disposición a pornos de acordo na data coas outras centrais sindicais, coas nacionalistas por suposto,
Para máis información preme Aquí:

21 de mar. de 2012

A CIG convoca para mañá xoves concentracións simultáneas en cidades e vilas en contra da reforma laboral

Dentro da campaña de mobilizacións que a central nacionalista está a desenvolver de cara a Folga Xeral do 29 de Marzo.

Para ver máis Aquí:

29 DE MARZO, contra a reforma laboral, na Galiza, FOLGA XERAL !!

       
 Fai máis dun século, dende mediados do s.XIX, os traballadores de todo o mundo recorren ás FOLGAS XERAIS para reivindicar os seus dereitos, uns dereitos adquiridos mediante a chamada “loita de clases”, con persecucións e, as veces, coma nas dictaduras, na clandestinidade, cando os sindicatos de clase estaban prohibidos, sufrindo a represión e torturas a mans das  policías políticas do réximes autoritarios e arriscando a propia vida.

Buscar un equilibrio equitativo nas relacións laborais para facer un reparto máis xusto da riqueza entre as forzas do Traballo e do Capital constituíu o obxectivo principal da clase traballadora organizada, principalmente desde o remate da 2ª Guerra Mundial nos Estados de Europa Occidental, chegando á regulación, mediante un Pacto Social coa implantación do familiarmente coñecido “Estado do Benestar”, que se está a desmantelar co patrocinio dos Estados máis poderosos da Unión Europea: Alemaña e Franza.

20 de mar. de 2012

Manifesto contra a reforma laboral e en apoio da folga xeral convocada para o 29 de marzo

Asinado por diferentes organizacións sociais, políticas e sindicais
Organizacións sociais, políticas e sindicais asinan un manifesto en apoio da folga xeral do 29 de marzo e contra a reforma laboral e as políticas que vén impoñendo o PP desde a súa chegada ao goberno. O manifesto é froito do proposto pola CIG na xuntanza celebrada na sede da central sindical o pasado 27 de febreiro, coas aportacións das distintas organizacións asinantes.
Para ler o manifesto prema aquí

19 de mar. de 2012

PARA O VINDEIRO XOVES 29 DE MARZO DIA DA FOLGA XERAL A C.I.G. ACORDA CELEBRAR MANIFESTACIÓNS PROPIAS

Para máis información e para coñecer os lugares de saída e máis a hora das manifestacións da C.I.G. do día da Folga Xeral en toda Galiza

Preme Aquí:

15 de mar. de 2012

POR FIN...NOVO PRESIDENTE, QUE SEXA PARA BEN !!


O anterior presidente dende agosto do 2011 Angel Agudo, descoñecido e ignorado pola Prensa, SERÁ PORQUE NON FIXO NADA MAIS QUE POÑER O "CAZO" A FIN DE MES ??

Para máis información Aquí

O DEREITO Á FOLGA É SAGRADO

 O Xulgado desestima a petición de Correos de folga ilegal na Laguna (Tenerife).

A Inspección de Traballo sanciona a Correos con 100.000 euros por contratar para postos de traballadores en folga.


Para máis información Aquí

A CIG e ELA trasladaranlle aos grupos políticos con representación no Parlamento español a súa oposición á reforma laboral.

Os secretarios xerais dos sindicatos nacionalistas abordarán tamén en Madrid a convocatoria de folga xeral
Unha delegación da CIG e outra do sindicato vasco ELA, cos seus secretarios xerais á cabeza, viaxarán este xoves a Madrid para manter unha xuntanza cos grupos políticos con representación parlamentaria co obxectivo de trasladarlles a oposición das centrais á reforma laboral. Na reunión tamén se abordarán os motivos que levaron a convocar unha folga xeral o vindeiro 29 de marzo e pediráselles que se opoñan á nova normativa e se sumen á protesta.
Para máis información Aquí

14 de mar. de 2012

O Xulgado condena a Correos a abonar a totalidade dos salarios a unha traballadora que sufriu un aborto

A empresa postal non vinculaba o aborto coa maternidade e deulle un trato de enfermidade común
O sector de Correos da CIG-Administración vén de dar a coñecer unha sentenza pola que se condena á empresa postal estatal á repor a totalidade do salario a unha traballadora á que, como consecuencia dun aborto, se lle aplicaron descontos en determinados complementos retributivos. Correos, explican dende o sector da CIG, non vinculaba o aborto coa maternidade e dáballe unicamente un trato de enfermidade común.
“Dende a CIG”, explica Miguel Ramudo, delegado sindical, “tivemos que recordarlle a Correos que ese tipo de actuación supón unha flagrante violación do dereito á igualdade entre homes e mulleres, pois discriminar a unha muller salarialmente con motivo dun aborto; feito que está relacionado directamente coa maternidade e que a súa aplicación lévanos a unha discriminación por razón de sexo”.
Así o entendeu tamén o Xulgado do Social, que estimou a demanda da traballadora e agora obriga a Correos a abonarlle a totalidade da cantidade que no seu día lle descontara por mor da baixa motivada polo aborto.
“Estamos diante dunha sentenza que ten que ser o camiño a seguir, aínda que se trata dunha sentencia dun xulgado do social agardamos que sirva de exemplo para que as empresas tomen nota e deixen de discriminar a muller nin por este nin por ningún outro motivo”, aseveran.
Dende a CIG Correos aproveitaron para lembrar a Correos que calquera Plan de Igualdade, ou similar, “queda moi bonito cando se contempla nun Convenio ou nun Acordo, incluso vende moi ben de cara os medios e a publicidade, pero  é necesario que as actuacións que logo se levan a cabo relacionadas coa muller sexan as correctas”.

Medios que recollen esta nova:

Radio Coruña - Cadena Ser
Noticias Galicia

12 de mar. de 2012

CIG-Administración lanza unha campaña pola dignidade do/a empregado/a público/a e en defensa dos servizos públicos

Pretende responder aos continuos ataques que están a padecer as traballadoras e traballadores das administracións
CIG-Administración presentou esta mañá a campaña que a partir de mañá se desenvolverá en todas as comarcas do país, pola dignidade do empregado/a público/a e en defensa dos servizos públicos. A campaña desenvolverase de forma transversal en todas as accións sindicais que, ao longo dos vindeiros meses defendan o sector público e rexeiten os recortes.
Para mais información aquí

11 de mar. de 2012

O que debes saber da Reforma Laboral


Todas as medidas recollidas na reforma laboral van dirixidas a flexibilizar e abaratar o despedimento e as condicións laborais e proporcionar man de obra barata á patronal. A reforma pretende ademais debilitar a negociación colectiva, dividir aos traballadores/traballadoras e individualizar as relacións laborais. Esta contra-reforma vai provocar unha caída xeneralizada dos salarios, o empobrecemento da clase traballadora, máis desigualdades sociais e a exclusión social dos máis desfavorecidos. 

Estamos ante un auténtico golpe de estado contra os nosos dereitos e garantías. Non son privilexios, SON DEREITOS

Adxuntamos PDF coas regresións máis graves da reforma, no seguinte enlace:


O 29 de marzo participa na Folga Xeral convocada pola CIG

10 de mar. de 2012

A CIG conmemora o 10 de Marzo cunha chamada á mobilización

No día que se cumpren 40 anos do asasinato de Amador Rei e Daniel Niebla, a loita de clases amósase máis viva ca nunca logo das últimas e regresivas reformas aprobadas polos distintos gobernos. Reformas e medidas destinadas a despoxar á clase traballadora dos dereitos laborais e sociais acadados nas últimas décadas, deixándoa indefensa ante unha ofensiva do capital que nos obriga a dar unha resposta contundente e reaxir na defensa dos nosos intereses, tal e como neste 10 de Marzo xa fixeron as máis de 20.000 persoas que participaron nas manifestacións convocadas pola CIG e como haberá que demostrar na folga xeral do 29 de marzo. Fonte: Avantar

9 de mar. de 2012

Movilización: 10 de marzo, Día da Clase Obreira Galega

Participa nas mobilizacións que a CIG convoca  para denunciar a reforma laboral.
120223-Manifestacion VigoO 10 de marzo celébrase o día da clase obreira galega, na que se lembra os feitos de 1972 que levaron á morte a Amador Rei e Daniel Niebla, ademais dos máis de 40 feridos de bala, a mans da represalia franquista das protestas laborais de Ferrol.
Coincidindo con esta data, a CIG convoca a todos e todas os galegos e galegas a manifestarse polas principais cidades do país para denunciar a reforma laboral e que supón o maior ataque aos dereitos laborais nas últimas décadas.

As manifestacións convocadas son as seguintes:

Vigo
 Ás 20h desde Vía Norte

A Coruña
 Ás 12h desde a Praza de Vigo

Pontevedra
 Ás 19h desde a Praza da Ferraría

Ferrol
 Ás 12h desde a Avenida de Esteiro (local da CIG)

Compostela
 Ás 12:30h desde a Praza Roxa

Lugo
 Ás 12h desde a Ronda da Muralla (local da CIG)

Ourense
 Ás 12h desde o pavillón dos Remedios

Vilagarcía
 Ás 20h na Casa do Mar

A Estrada
 Ás 20h na Casa do Concello

Que non te sigan a enganar. Rebélate!!! Sae á rúa o 10 de marzo a defender os teu dereitos.


O 29 de marzo participa na FOLGA XERAL!!!

7 de mar. de 2012

A secretaría da Muller da CIG convoca concentracións en todas as comarcas con motivo do Día Internacional da Muller Traballadora

Díptico 8 de marzo 2012 1 A secretaría da Muller da CIG convoca para mañá xoves, 8 de marzo, Día Internacional da Muller traballadora, concentracións nas cidades da Coruña, Lugo, Ourense, Ferrol, Vigo e Compostela, para amosar a súa repulsa fronte a institucións, empresas e mutuas que vulneran os dereitos das mulleres. Terán lugar, todas, arredor das 12:00 horas.
                     As horas e lugares previstos son:
A Coruña, diante de Sykes, na rúa Copérnico- Edificio BCA, 28, Polígono da Grela, ás 12 horas
Ferrol, diante do edificio da Xunta, ás 12:30 horas
Compostela, diante do edificio da Xunta, ás 12 horas
Lugo, diante do Supermercado CEMAR, na rúa Quiroga Ballesteros, 1-3, ás 11:30 horas
Ourense, diante da MUTUA FREMAP ás 12:00 horas
Vigo, diante de POVISA ás 12:00 horas

A secretaría da Muller fai tamén un chamamento a participar na mobilización nacional convocada Baixo o lema “Mulleres galegas en loita polos nosos dereitos”, o vindeiro 11 de marzo, ás 12:00 horas, con saída da Estación de Tren de Compostela. Unha manifestación convocvada por diversas organizacións feministas, entre elas, a CIG.

Fonte: Avantar

5 de mar. de 2012

3 de mar. de 2012

Curso Formación: ACREDITACIÓN ATENCIÓN CLIENTE

LISTADO DEFINITIVO DOS QUE SUPERARON A 1ª FASE ONLINE 
PUBLICADOS DIA, HORA E LUGAR DAS PROBAS PRESENCIAIS.
Unha vez revisadas e constratadas as reclamacións á resolución do pasado 27 de xaneiro, Correos publicou no Canle Persoas de Conecta o listado definitivo das persoas que superaron a primeira fase online do Curso de Superación e Acreditación para o desempeño do Posto de Atención Cliente. Os empregados da Zona 1 que figuren no listado deberán realizar a proba presencial final o próximo dia 11 de marzo de 2012 as 10:00 h na:

Facultade CC. Económicas e Empresariais ubicada na Avda. do Burgo das Nacións s/n 15705 Santiago de Compostela

Exclusivamente aquelas persoas que figuren no listado poderán facer a proba, que será sobre os contidos da fase online e do CD que se distribuiu aos alumnos que figuran en dito listado.
 

2 de mar. de 2012

Aberto o prazo de preinscripción nas escolas infantís de 0-3 anos dependentes da Consellaría de Traballo e do Consorcio

A Secretaría da Muller da CIG informa de que se vén de abrir o prazo de preinscripción nas Escolas Infantís 0-3 anos, dependentes da Consellaría de Traballo e Benestar e do Consorio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar (Rede "Galiñas Azuis"), nas que xa se aplicarán os novos prezos estabelecidos pola Xunta para as garderías, que no caso dalgúns servizos, como o de comedor, mesmo chegan a duplicar o custe actual.
Poderán solicitar praza as nais, pais ou representantes legais dos/as nenos/as residentes en Galiza, e que teñan nacido no momento de presentar a solicitude, que cumpran o requisito de teren cumpridos os tres meses na data de ingreso e non ter cumpridos os 3 anos o 31 de decembro de 2012.

Os nenos e as nenas escolarizados/as durante o curso 2011-2012 en calquera das escolas infantís da Consellaría terán dereito preferente á renovación da súa praza. As/os nenas/os matriculadas/os en xornada de tarde só poderán reservar praza nese mesmo horario.

Hai que ter en conta que este ano a Xunta unificou nunha mesma solicitude a renovación, o novo ingreso, xunto co cheque infantil.

As solicitudes presentaranse nos rexistros únicos das xefaturas territoriais da Consellería de Traballo e Benestar da provincia onde teña o seu domicilio a persoa solicitante ou ben en formato electrónico a través da sede da Xunta de Galiza no enderezo: https://sede.xunta.es.

O prazo para a presentación das solicitudes tanto de reserva de praza como de novo ingreso será desde o día 1 ao 31 de marzo, ambos os dous incluídos.

Consulta o DOG no que aparece publica a orde que regula este procedemento. Tamén podes obter máis información visitando as webs escolasinfantis.net ou www.igualdadebenestar.org

Consulta aquí a noticia da Secretaría valorando as novas taxas das escolas infantís.