26 de xan. de 2012

Plan de pensións...en suspenso


1.- Correos deixa de aportar os 30€ para o plan de pensións, xa na vindeira nómina de xaneiro, medida que se extenderá ata finais de 2012 como mínimo.

2.- Os traballadores/as podemos optar por quedar en suspenso no plan de pensións, deixando de aportar os 9€, mediante solicitude individualizada.



Qué vai pasar con eses 360€ por traballador/a de salario diferido que é o que aportaba Correos?

 PARA ESTO SÍ SOMOS ADMINISTRACIÓN

13 de xan. de 2012

A CIG gaña sentenza contra Correos por denegación de permisos


A CIG Correos Lugo gana sentenza contra Correos por denegación de permisos. Correos unha vez máis estaban a aplicar a concesión de permisos retribuídos ao seu antollo un deles é o permiso por morte, enfermidade grave, accidente ou hospitalización nos casos de desprazamento a outra localidade en lugar de conceder os 5 ou 4 días, dependendo do grao familiar, daban 2 ou 3 días alegando que a distancia en quilómetros entre as localidades tiña que ser superior aos 40 quilómetros. Dende a CIG defendemos sempre que en ningunha parte do Convenio ou do Acordo xeral vén regulada norma algunha sobre distancia de quilómetros e agora unha sentenza do Xulgado do Contencioso Administrativo n.º 2 de Lugo dános a razón.

Agora obrigan a Correos a conceder os dous días de permiso que lle restan á compañeira que no seu día en lugar de concederlle os 5 días aos que tiña dereito lle concederon tres alegando a mencionada distancia.

A ver se agora aprenden a respectar polo menos o que asinan.

12 de xan. de 2012

Plan de pensións e seguros colectivo


¿Seguen activos ou non?

 O Real Decreto Lei dos Recortes aprobado polo goberno do estado o pasado día 30-12-2011 recolle no seu artigo 2 punto 3 que as Administracións, Entidades e Sociedades non poderán facer aportacións durante o ano 2012 a Plans de Pensión de Emprego (Coma o de Correos) nin a Contratos de Seguro Colectivos que inclúan a continxencia de xubilación (¿Coma os de Correos?)

Preguntamos ao mais alto nivel da empresa sobre se lle é de aplicación este Real Decreto a Correos e non tivemos resposta ao respecto. 

CANDO PENSAN SABELO?

10 de xan. de 2012

Muface: cambio de entidade de asistencia sanitaria


Os mutualistas e os beneficiarios con documento asimilado ó de afiliación, adscritos tanto o Sistema Sanitario Público como as Entidades Privadas de Asistencia Sanitaria, poden solicitar o cambio de Entidade durante o mes de xaneiro de cada ano e por unha soa vez neste período.

Se tes certificado electrónico ou D.I. electrónico podes facelo directamente na Sede Electrónica da MUFACE.
Para facer o cambio de Entidade Sanitaria por outros medios deberás ir una oficina de MUFACE. Deberás encher e asinar o “impreso de cambio de entidade” que che facilitaran na propia oficina de MUFACE e que tamén podes quitar da internet. Este impreso deberá ser entregado co documento de afiliación ou asimilado en poder do interesado.

9 de xan. de 2012

CIG Correos Lugo en loita contra a supresión de postos de traballo

45 NA PROVINCIA DE LUGO EN POUCO MAIS DUN ANO

Coa recente supresión de 7 postos de traballo en Lugo cidade, 4 de reparto a pé, 2 de tráfico interior e 1 ruteiro, xa sumamos 45 prazas eliminadas en total na provincia de Lugo, en pouco mais dun ano. Prazas que non volverán a ser convocadas porque desapareceron da RTP.

Co resultado do estudo de Lugo é a primeira vez que vemos como se eliminan prazas de reparto estando os titulares nelas. Agora temos catro compañeiros que quedaron sen barrio e pasaron a ser suplentes de reparto, con que a contratación verase reducida ainda máis.


COA CIG NA RUA A LOITA CONTINUA!!

6 de xan. de 2012

E a revisión do prezo do carburante ¿para cando?


Correos e os sindicatos asinantes do III Convenio e Acordo Xeral (CCOO, CSI-F, UGT  e Sindicato Libre),  búrlanse deste colectivo incumprindo o pactado coa empresa, mantendo a boca pechada sobre este problema sen esixirlle a Correos que se sente a negociar conforme ao establecido no Acordo xeral que di textualmente:

“Coa finalidade de mellorar as condicións de traballo e de desenvolvemento profesional deste colectivo, as partes asinantes comprométense a analizar, dentro dos tres meses seguintes á entrada en vigor do III Convenio Colectivo e do presente Acordo, o custo que a evolución dos prezos do carburante tivo sobre o suplido percibido por este concepto e o sistema de determinación de cálculo e cobramento deste.

Xa levan seis meses e da revisión do prezo do combustible nada de nada, non nos cabe dúbida que só foi unha promesa electoral. Agora que xa non interesan os votos xa non se acordan dos carteiros rurais nin do prezo do carburante e as promesas que fixeron sen ningún tipo de pudor levóullelas o vento.

Dende a  CIG  seguiremos defendendo os dereitos destes compañeiros e reivindicando un prezo real para o combustible a pesar de Correos e os seus cómplices.

5 de xan. de 2012

Rebaixas de xaneiro


Este ano as rebaixas adiantáronse na Oficina Principal de Lugo. Os nosos amigos doEquipo A, tras medir e medir chegaron a conclusión que sobraban 7 traxes, sí estas lendo ben…

7 POSTOS DE TRABALLO MENOS!!! ….
 
Nestas datas andan a facer as suas medicións pola OP de Vigo, e ainda sen ter datos oficiais e sen rematar as suas medicións xa andan por unhas rebaixas de…

12 POSTOS DE TRABALLO MENOS!!!
VAIA REBAIXAS!!

Nos próximos meses teñen pensado achegarse A Coruña. De canto será a rebaixa?

POLA DEFENSA DOS POSTOS DE TRABALLO

MOBILIZATE!!

3 de xan. de 2012

La CIG denuncia que Correos no permite el acceso a los que aprobaron la oposición en 2006

La CIG ha denunciado que Correos se burla de quienes aprobaron la oposición de ingreso en el año 2006, pues según afirma el sindicato logo de aprobar e despois de 6 anos nunha lista de expectativa de ingreso, Correos decido xunto con CCOO, UGT, C-SIF, e S.Libre, eliminar esas listas sen ofertarlles os postos de traballo necesarios para que poidan incorporarse como personal fixo. El sindicato afirma que muchos de los trabajados que en 2006 estaban trabajando en Correos en 2006 con contratos temporales, para hacer sustituciones o como refuerzo, decidieron presentarse a la convocatoria de ingresos para puestos de cartero.  
También denuncian que aquellos que en su día escogieron la modalidad de la jornada completa exclusivamente con independencia del puesto de trabajo, no tuvieron las ofertas de puestos suficientes para acceder de forma fija a Correos. Insisten en que, con el paso del tiempo, Correos les habría ofrecido la opción de aceptar contratos de fijo discontinuo.

Pago tramos anteriores ao 2006 para o persoal laboral

As setenzas seguen dándonos a razón

A CIG-Correos volve a gañar outro xuizo por reclamación de cantidade do Plus de    permanencia e desempeño (Tramos) dos anos 2005 e 2006.

Na nómina do mes de maio Correos ingresounos o que nos correspondía polo concepto de TRAMOS dende outubro 2006. Dende a CIG-Correos sempre defendimos que dito   concepto tiña que pagarse na sua totalidade e tivo que ser o xulgado o que nos volvera a dar a razón de novo.

A CIG-Correos con estas sentenzas volve a poñer entredito aos sindicatos estatais que   firmaron uns convenios en favor da empresa, pero queda demostrado, que nin eles nin  Correos nos van a parar na reclamación dos nosos dereitos.

2 de xan. de 2012

Dias de asuntos propios a partir do 6º trienio regulados polo E.B.E.P

           CORREOS ESTA RECOÑECENDO
ESTES DÍAS DO ANO 2010, OLLO:
¡¡ TAN SO PARA AQUELES QUE OS 
RECLAMARON POLA VIA XUDICIAL !!
 
Este feito é unha consecuencia das sentenzas que se foron gañando pola CIG e por algún outro sindicato despois das demandas que no seu día se plantexaron diante dos tribunais de xustiza.

Dende a CIG entendemos que é un dereito adquirido por estar contemplado no artigo 48 do EBEP, por elo xa demandamos do Director de Zona, que ese recoñecemento se faga extensivo para todos os traballadores e traballadoras que cumpran co esixido. 
 
NON PODEMOS AGARDAR  A QUE AS IRREGULARIDADES
SE SOLUCIONEN POR SI SOAS, PORQUE DESA MANEIRA
NUNCA CHEGARÁN AS RESPOSTAS

MÓVETE!!  LOITA POLOS TEUS DEREITOS!!
CIG-CORREOS SEMPRE CONTIGO