4 de xan. de 2018

CORREOS DESMINTE COMPRA DE UNIPOST


“CORREOS DESMENTE INTENCIÓN DE MERCAR UNIPOST”

Dende o pasado outubro, varios medios e organizacións sindicais recollían ou difundían rumores de unha operación de gran calado no sector postal español, afirmando e demandando o interese da empresa estatal Correos en mercar a UNIPOST e absorber os 2400 traballadores de esta.
A central sindical CIG, preocupada polo futuro da empresa estatal e do acceso e consolidación do persoal eventual de Correos, co ánimo de aclarar e tranquilizar ó persoal de ámbalas dúas, dirixiu escrito ó presidente da compañía responsable do Servizo Postal Universal (SPU), preguntando pola veracidade e fundamento de estes rumores que están a crear intranquilidade entre o persoal de Correos e “falsas” expectativas á xente de UNIPOST.

DESMENTIDO
Agora, John Vivanco, secretario de organización da central sindical galega en Correos, fai pública e comparte  a resposta da SAE, no que desminte “calquera tipo de rumor que poida existir acerca da compra de UNIPOST S.A. POLA Sociedade Estatal Correos e Telégrafos S.A.”
Tamén explican dende a CIG Correos, que unha operación de esa envergadura podería poñer en perigo o equilibrio da xa deporsi inestable situación da empresa estatal, suxeta sempre ós cambios de rumbo do goberno, marcados por non se sabe que criterios.

CONSOLIDACIÓN DE EMPREGO
Ademais, nos dí Vivanco, a absorción de 2400 postos de traballo de UNIPOST, como demandan CCOO e UGT, anularía as posibilidades de consolidación de emprego do importantísimo colectivo de persoal temporal de Correos, que leva anos con contratos en precario, cubrindo e encubrindo a necesidade real de prazas nos servizos operativos de Correos (persoal de reparto,  clasificación e atención ó público) e conseguindo sacar adiante xunto co persoal fixo o servizo postal día a día, pese ás dificultades engadidas da temporalidade/eventualidade. Por non falar da inasumible ausencia de probas de acceso suxetas ós principios de igualdade mérito, capacidade e publicidade que dende CIG sempre se esixiu para a Administración e empresas con capital público.

SOLIDARIDADE
A Confederación Intersindical Galega, solidarízase cos traballadores de UNIPOST compañeiros do sector postal, ofrécelles reunirse para compartir información, traballar en común e plantexar posibles colaboracións, aínda que non cree que a solución pase por “desvestir un santo para vestir outro”.