29 de dec. de 2017

CONSOLIDACIÓN DE EMPREGO 2017 (Acumúlanse as Convocatorias)


O pasado día 28 de decembro celebrouse a Xuntanza da Comisión de Emprego Central na que Correos comunicou un novo proceso de Consolidación de emprego temporal en fixo correspondente ao exercicio orzamentario 2017.

Nesta Convocatoria se recoñece que Correos non ten beneficios: Esta nova Convocatoria de Consolidación de emprego do 2017 (lembremos que a do 2016 esta aínda sen resolver) será cunha taxa de reposición dun 75% como máximo, porque a Lei dos orzamentos xerais do Estado do 2017 establecen ese porcentaxe para as Sociedades Mercantís públicas que non teñen beneficios en dous dos últimos tres anos. 

Os aspectos máis relevantes das bases son os seguintes: - Número de postos a cubrir: 1.959 Vacantes

-      1.869 postos no grupo profesional IV, Persoal Operativo.
A este número de prazas restaráselles a reserva obrigada para a cota de discapacitados, porcentaxe que se determinará na comisión de emprego.
-      90 prazas destinadas para postos de singular complexidade técnica ou especialización nos Grupos II e III
 - A petición dos postos de traballo e a oferta realizaranse a nivel provincial, en base ás necesidades de emprego que teña Correos. En próximas fases, determinaranse os requisitos dos participantes, o sistema de selección, a distribución provincial da oferta de postos de traballo e as súas características, así como os prazos e forma de presentación de solicitudes previstas no proceso. As bases xerais para a presente convocatoria publícanse en: - Conecta, a través do canle Persoas/ apartado Convocatorias - Na web de Correos (www.correos.com).

Esta convocatoria parécenos unha broma dos santos inocentes xa non só polo día da Xuntanza (28 de decembro), se non porque se van acumulando convocatorias e por parte dos sindicatos asinantes non se esixen que se cumpran. Lembremos que hai unha Convocatoria pendente de resolver de 2.345 prazas do ano 2016. No lugar de convocatorias parécennos brindis ao sol.  

A quen convén esta acumulación de Convocatorias???

Esta claro que aos sindicatos Asinantes do Convenio e Acordo Xeral (CCOO, UGT, CSif e S.L.)  fan negocio enchendo as academias e vendendo  temarios.

A CIG esixe que se rematen cos seguinte procesos:

-      7ª Resolución do Concurso de Traslados (aínda faltarían outras dúas)
-      Que se convoquen as prazas da Consolidación de emprego 2016
Desprovisionalización das prazas de Directores de Oficina e Xefes de Distribución