10 de out. de 2017

Substitucións de Xefes



Inscrición ata o día 18 de Outubro
A través da web Corporativo

Se eres Funcionario ou Laboral Fixo e pertences ó Grupo IV de Operativos  (Reparto, Atención Cliente, Axente Clasificación) e queres facer substitucións de xefes de oficina ou de xefes de distribución, está aberto o prazo de inscrición ata o día 18 de outubro.
Pódeste inscribir a través de:

conecta.correos.es/Persoas/Desenrolo Profesional/ Acceso a eTalent.

Nota: É preciso que esteas ou te deas primeiro de alta na plataforma eTalent, para poder inscribirte.

En caso de erro podes retirar a túa solicitude e solicitar de novo.

Unha vez inscrito tes que asegurarte de recibir un E-MAIL de confirmación.


Só se pode participar na para a provincia na que esteas destinado e unicamente para unha das dúas áreas: Oficinas ou Distribución.

Unha vez aceptada a túa inscripción deberás de superar un programa de formación teórico-práctico: Formación online, presencial e no posto de traballo, así como realizar unha ou varias substitucións de al menos 1 mes de duración, nun prazo non superior a 2 anos. (En caso de necesidades organizativas poderanse realizar substitucións en provincias limítrofes).
Se estás interesado e queres saber máis sobre requisitos e méritos que se valorarán nesta convocatoria ponte en contacto con nós, nos locais de C.I.G.-Correos, te informaremos.