24 de nov. de 2015

Concurso de traslados 2015

Despois de dous anos co Concurso de Traslados secuestrado agora convocase nun só día en vésperas das eleccións.

Hoxe 24 de novembro celebrouse a xuntanza da Mesa do Concurso Permanente de Traslados, nela facilitáronse as bases da convocatoria, que serán exactamente as mesmas que a do anterior Concurso de Traslados.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS:

DENDE O 25 DE NOVEMBRO ATA O 6 DE DECEMBRO DE 2015 AMBOS INCLUSIVE.

AMBITO DE PARTICIPACIÓN:

Todos os empregados que se atopen desempeñando postos dos grupos profesionais de operativos e de servizos xerais: persoal funcionario, persoal laboral fixo e fixo descontinuo e a tempo parcial. Poderán participar tamén o persoal laboral dos grupos II e III, de forma análoga ao persoal funcionario.

MERITOS VALORABLES:

Establécense  os mesmos baremos que na anterior convocatoria. Os cursos de formación que puntúan serán os realizados dende o 1 de xaneiro de 2005. Tamén haberá puntuación adicional por adaptación funcional (2 puntos), por traslados forzosos como consecuencia de automatización e por conciliación. Os méritos valoraranse con referencia ao 31 de decembro de 2015.
Cursos puntuables:

  • Reparto/Axente Clasificación:0,50 puntos pola superación de cada un dos seguintes cursos (máximo1,50 puntos).

Reparto
Axente/Clasificación
Produtos
Produtos
Atención ao cliente Reparto
SGIE tratamento
SGIE Distribución

 
  • Atención ao Cliente: 0,50 puntos pola superación de cada un dos seguintes cursos (máximo1,50 puntos).Máximo 2 puntos.
Iris V6 Atención ao Cliente, Produtos, Atención ao Cliente Oficinas e Outras aplicacións Oficinas.
6 puntos pola superación do Curso de Acreditación de Atención ao cliente.


PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:

Unicamente se poderá presentar en soporte informático mediante FORMULARIO  ao que se accederá a través da INTRANET de Correos ou da páxina web de Correos:

·         Intranet htpps://conecta.correos.es   entrando en Concurso de Traslados
·         Web www.correos.es  entrando en información corporativa/recursos humanos/Concurso de Traslados.


Poderase solicitar calquera dos postos de traballo para os que se cumpran os requisitos cun límite de 75 peticións distintas (localidade e posto) e no orde de prelación que determine cada candidato, debe terse en conta que cada enlace rural ou oficina auxiliar se considerará unha localidade. Na adxudicación de postos se respectará o orde de prelación conforme ao marcado por cada empregado.