10 de nov. de 2015

CIGcorreos: A prensa segue cargando contra Correos

Verdades a medias tintas, que non deixan de ser mentiras a medias, para concenciar ós cidadans da necesidade de privatizar, imitando ós Correos Europeos.

Por que non se preocupan de esixirlle o Goberno que vele pola prestación dun servizo de calidade, prestado en condicións de traballo dignas??

(Pero que cousas se nos ocorren, eso non interesa, quen sacaria beneficio dese sistema)

 

 

 

A falta de transparencia de Correos na xestión dos fondos recibidos pola prestación do servizo postal universal e a ignorancia dos informadores da pe a que este tipo de prensa e analistas non citados que defenden intereses moi distintos dos da xestión dun servizo publico por parte do estado, salten a palestra con titulares tan alarmantes coma este da nota que podedes ollar no enlace, tratando do influenciar na cidadanía trasladándolle ese principio de que o público da perda, si, pero eu voume pelear por xestionalo con todo o mundo.

Os tempos non son bos, pero os boitres seguen á espera escondidos tras as caras de politicos e xestores, agardando pola oportunidade para lanzar o picotazo a este "pastel", daquela temos que pensar que a cousa tampouco funciona tan mal e no peor dos casos, se mellora nas súas mans, mais facilmente poderá mellorar nas nosas, nas de todos, sen perder a cualidade de servizo publico, nin a calidade na prestación do servizo, nin dereitos os traballadores e traballadoras.

Non deixes que os encantadores de serpes te volvan a enganar vendéndoche miragres e logo deixandote nas mans do capital, de don poderoso diñeiro, que se encargará de sacarche ata a última gota de vida sen remordemento algún.  

Garda a túa forza para o día 20 de decembro, para defenderte a ti, para defender ós teus, para defender o de todos nos. Elixe ben, olla quen defende o PUBLICO, quen defende a CORREOS como servizo público xestionado polo Estado.

Para ver a noticia na prensa preme AQUI