9 de out. de 2015

¿Que somos? Do "CARTEIRO" so queda o nome.


Agora imos xogar ós médicos e asistentes sociais

Vade practicando cos avós

Buscan un "Supercarteiro" para todo, sen preocuparse de que para facer ben o traballo e manter a calidade do servicio o fundamental e ter o persoal necesario e cubrir todas as prazas diariamente. 


Imos ver as últimas propostas das cabezas pensantes, que se puxeron en práctica ou que pretenden poñer para o persoal de reparto:

    1. Levar a compra á casa. Despois dun periodo de proba, aínda están agardando polo primeiro encargo. (Pretendían que o usuario sobre todo do rural cando fora  facer a compra que a deixara para que lla levara o carteiro. Non se pararon a pensar que pasaría se eso funcionara , xa nos viamos cargando un tractor de carros de compra no super e deixando o correo sen repartir)
    2. Transporte de mochilas no Camiño. Se quitamos as conduccións especificas, o resto dos traslados tenos que facer o persoal do reparto das carterías por onde pasa o Camiño, tendo que deixar de facer o seu reparto de correspondencia para levar 1 mochila por 4€. Quixeramos saber o gasto que lle supón esto a Correos, ademais da deixadez para o reparto do correo, ten que pagar os quilómetros ós repartidores e logo estan os do fin de semana, ós que lles teñen que pagar as horas os quilometros e compensarlles o tempo outro día. ¿Onde está a rendabilidade?
    3. Reparto de publicidade comercial. Camuflado baixo o concepto de impresos sen dirección todos os días os repartidores teñen que esconderse dos veciños mentras embuzonan esta correspondencia porque senón vótanlles a bronca por votar correo comercial nos buzóns cando teñen un buzón especifico para elo na entrada dos portais.
    4. Buscapersoas para entrega de paquetes. Agora coas PDAs imos ter que contactar cos mobiles dos usuarios para concertar un lugar de entrega cando non os atopemos no domicilio. Xa nos vemos chateando co usuario para logo cruzar a cidade para facer a entrega ir para adiante e para atras e os rurais facendo quilometros e quilometros e logo coma sempre quererán que saquemos todo o correo. 
    5. Asistentes Sociais de persoas maiores. Queren que controlemos á xente maior, so haberá que rellenar un formulario por persoa (¿¿so??). Eso si, van a darnos uns cursos ¿de que? ¿e se non os superas quedas sen traballo? En principio será un servicio gratuito.Queren copiar dun servicio xapones semellante que ademais reparte alimentos e fai operacións bancarias.

¡¡ Non sabemos quen lles meteo na cabeza que ós carteiros/as lles sobra tempo, que non teñen que facer, cando resulta imposible levar o reparto ó día !!


Bastaría con que pasaran un día polas carterías para que se deran conta que non se da feito o traballo, que á amortización de postos, á reducción imparable de persoal, ós redimensionamentos á baixa, todos os días hai que sumarlle os recargos das zonas que non se cubren con contratación por ausencias de todo tipo dos titulares. 


Para ver na prensa preme AQUI