4 de set. de 2015

Asina a ILP para reclamar unha tarifa eléctrica Galega


A CIG ven de promover e por en marcha unha ILP (Iniciativa Lexislativa Popular) para reclamar unha Tarifa Eléctrica Galega que permita o mantemento do noso tecido industrial e dos empregos en Galiza. A central sindical pretende abrir un debate político e social arredor da necesidade e urxencias de mudar todo o sistema eléctrico e tarifario para acadarmos unha Tarifa Eléctrica galega que nos permita ter unha enerxía máis barata. Por que non cómpre esquecer que a tarifa eléctrica está chea de peaxes por decisións políticas e soporta compoñentes de solidariedade interterritorial (como os custes de extrapeninsularidade ou de transporte) mais, intencionadamente, non recolle os custes que, no caso de Galiza, sufrimos polo exceso de xeración eléctrica, custes sociais e ambientais.
Somos produtores e exportadores de enerxía (no ano 2012 Galiza exportou o 40% da enerxía que produciu), pero non obtemos ningunha contraprestación positiva. Unha situación que cómpre mudar de xeito inmediato.
ASINA A ILP!!!