14 de abr. de 2015

CORREOS no 2014 seguíu perdendo emprego outro ano máis

Neste pasado ano 2014 Correos reducíu a súa plantilla nun 6%, uns 3.281 empregados/as menos, para que queden un total de 51.275 traballadores/as, segundo os datos oficiais.




Con estas cifras que se publican  dende o ano 2008 Correos reducíu nun 25% o cadro de persoal. (Desapareceron 1 de cada 4 postos existentes)



Á falta das contas definitivas, está previsto que se volvan acadar resultados económicos positivos para este exercicio económico recén rematado do ano 2014.
Pero a pesares dos grandes sacrificios que nos fixeron o nos fan pasar ós postos base, reducindo persoal e recargando zonas por non cubrir as ausencias, este aforro non foi suficiente para acadar eses resultados positivos.
Chegou Correos a eses números positivos, ó igual que no ano 2013, grazas a venda de inmobles que se concretaron no 2014.

Dende a CIG Correos seguimos denunciando que a xestión de Correos está fallando dende o máis alto nivel, non podemos esquencer ningún dos implicados: o Goberno a SEPI e a propia Dirección de Correos, que están desenvolvendo unhas políticas que nos están abocando á desaparición como servicio público, escravizando ó persoal empeorando as condicións laborais, reducindo dereitos e rebaixando salarios e penalizando ós usuarios dos servizos, rebaixando a calidade da súa prestación ou mesmo deixando de prestalos en algún dos casos.


Para ollar esta información na prensa preme AQUÍ