2 de mar. de 2015

6ª Xuntanza da Comisión Negociadora do IV Convenio e Acordo Xeral

O 26 de febreiro celebrouse a sexta xuntanza da Comisión negociadora do IV Convenio Colectivo e Acordo Xeral. Correos unha vez máis empezou a reunión dicindo que aínda non teñen  autorización da SEPI para realizar propostas formais, pero que teñen vontade de acordo dentro do marco existente como empresa pública. Nesta xuntanza fíxose entrega dun novo “documento de traballo” pero onde tampouco estaban  temas tan importantes como o das Retribucións nin o Calendario Laboral.
A pesares que algúns sindicatos valoran moi positivamente o novo Texto de Convenio entregado sobre todo os asinantes do anterior Convenio (CCOO,UGT,CSIF e SL) dende a CIG vémolo como un Texto que vai traer consigo unha nova perda de dereitos. Pero que quede moi claro que con isto non queremos dicir que o Convenio actual sexa bo o que dicimos e que o que ven vai ser peor ca este.  
Algúns exemplos das modificacións que queren introducir neste novo Convenio:
  • Introducen as xornadas partidas Artigo 50 Xornada: “……a empresa por necesidades de organización poderá establecer outras diferentes incluíndo xornadas partidas u outras distribucións horarias de carácter distinto á continuada”.
  • Modificacións por criterios comerciais. Artigo 38 Modificación substancial das condicións de traballo: Engádese  “…..se consideran como tales as que estean relacionadas coa competitividade”.
  • Artigo 6 Ámbito Temporal: Neste novo Convenio non inclúe a cláusula de ultraactividade. Dispón que unha vez denunciado, permanecerá vixente durante o prazo dun ano…..E despois que????
  • Artigo 94 Prestacións da Seguridade Social: No Convenio vixente,nas baixas a partir do 4º día Correos completa a prestación económica ata alcanzar o 100% do salario mensual;  no novo texto introducen os descontos que lles son de aplicación ao persoal funcionario os 3 primeiros días percibe o 50 % das retribucións, do 4º día ata o día 20 o 75% e a partir do dia 21 recen percibirá o 100%..
  • Concurso de Traslados: A empresa propón 6 resolucións en lugar das 9 actuais. Isto sería aceptable si sacaran todas as prazas vacantes, pero a empresa seguirá ofertando unilateralmente as prazas que queira.
  • Reestruturacións: Seguiraas facendo a empresa ó seu libre albedrío como ata agora, e dicir co consentimento tácito dos sindicatos que asinan o convenio.
  • Desaparecen as indemnizacións fixas por traslado forzoso se cambio de residencia no anterior Convenio eran:
Traslado de 25 a 40 km 180€ por unha soa vez a tanto alzado.
Traslado de + de 40km 750€ por unha soa vez a tanto alzado.
Desaparece a habilitación do transporte por parte da empresa en traslados obrigatorios sen cambio de residencia cando os centros disten entre si menos de 25km.
A todos os compañeiros que nos preguntan cando se asinará o Convenio podémoslles dicir dende a experiencia que será moi próxima a data das eleccións sindicais.

Documentos entregados por Correos Borrador Convenio 1ª parte