17 de feb. de 2015

Tratados entre UE , EUA e Canada

Están negociando entre os poderosos a miseria global da clase obreira sen contar con nos para nada. 

¿Que están facendo os gobernantes dos estados para paralizar esto?

Que sabes do TTIP? Infórmate e divulga, están en xogo os teus dereitos máis fundamentais

A CIG ten en marcha unha campaña para dar a coñecer o contido dos tratados transatlánticos que negocia a UE cos EUA e Canadá
Máis explotación, máis pobreza, menos soberanía, menos dereitos e menos democracia. Ese podería ser o resumo das consecuencias que os tratados transatlánticos de libre comercio que a UE está a negociar cos EUA e Canadá -os denominados TTIP e CETA- van supor para as clases populares. Uns acordos que non se discuten en ningún parlamento e cuxas negociacións son secretas. Por iso, a CIG ten en marcha unha campaña que, nunha primeira fase, pretende divulgar o contido dos tratados, ante a escasa información que existe sobre os mesmos e a ocultación por parte dos grandes medios de comunicación de tan grave ataque aos nosos dereitos.

Para máis información preme aquí en AVANTAR