10 de feb. de 2015

Concurso de Traslados para cando???





A CIG Instoulle a Correos que de xeito urxente convoquen o Concurso de Traslados.

 Os sindicatos asinantes (CCOO, UGT, CSIF e Sindicato Libre) quérennos chantaxear aos traballadores dicindo que si non asinan o Convenio e Acordo Xeral non pode haber Concurso de Traslados. ¡¡¡outra das súas mentiras!!!



Os traballadores de Correos levamos 16 meses sen Concurso, a última resolución remóntase ao mes de outubro de 2013.



A CIG fíxolle saber a Pérez Capitán  Xefe de Recursos Humanos de Correos, que esta situación está causando un grave prexuízo ao conxunto de traballadores pois é o sistema voluntario de mobilidade que teñen os traballadores para cambiar de destino, promover e no caso do persoal fixo descontinuo o de obter un posto a xornada completa.



Dende a CIG entendemos que non é necesario asinar un Novo Convenio e Acordo Xeral para convocar o Concurso de Traslados pois as bases xa están pactadas. O que fai falta é que se convoque a Comisión Permanente de Traslados; sen embargo os sindicatos asinantes non están pola labor, máis ben están centrados en querer convocar mais folgas sen sentido coma a derradeira que o único para o que serviu foi para aforrarlle cartos á empresa.