21 de abr. de 2014

Correos reduce en 500 empregados a sua plantilla na Galiza dende o comenzo da crisis

As reestruturacións de persoal carrexan reducións de traballadores dun 20% en todas as provincias
Cada vez envíanse menos cartas e mándanse máis paquetes, pero cada vez hai menos carteiros deixando a correspondencia na caixa de correo. Esa é a realidade que vive o sector dende hai un lustro. A caída dun 5% anual nos últimos anos no volume de misivas para entregar, a implantación das novas tecnoloxías como por exemplo a factura electrónica e os recortes do Goberno provocaron que Correos intensificase dende o inicio da crise a súa reestruturación de persoal.
A empresa pública reduciu o seu equipo en Galicia en 800 empregados na última década ao pasar de case 4.000 efectivos cos que contaba entón aos 3.300 ao peche de 2013. Os sindicatos confirman que o maior número de axustes se realizaron dende 2008, polo que dende entón estiman que hai medio millar de postos menos na comunidade. A entidade non realizou ningún despedimento senón que deixou sen cubrir as vacantes por xubilacións e as baixas por enfermidade. Pero denuncian que eses recortes provocan maior carga de traballo no equipo e no caso do rural cando se producen baixas hai áreas que quedan "mal atendidas".
O secretario de Organización de CIG-CorreosMiguel Ramudo, explica que na CoruñaSantiagoLugoOurense e Vigo xa se levaron a cabo estas reorganizacións. Nas grandes unidades urbanas elimináronse o ano pasado 60 vacantes -18 na cidade coruñesa- e avisa de que unha vez que se leven a cabo estas actuacións en Ferrol e Pontevedra, que aínda están pendentes, "se poderían perder outras 60 prazas".
Ramudo apunta que as medidas de Correos para aforrar tamén afectan ao persoal eventual. Segundo os seus cálculos cóbrense o 70% de vacantes menos que antes da crise e "cada vez recórrese menos ás listas de substitución". Engade que se antes traballaban entre catro e sete meses ao ano, "agora apenas teñen emprego para un mes".

Esta situación nótase máis no rural, onde dende o inicio da crise o número de efectivos caeu en máis dun centenar. No último ano l1 dos recortes rexistráronse na provincia da Coruña. Pero ese axuste nestas zonas afecta ao servizo porque "o compañeiro que leva outra zona ten que atender a do lado, percorrer máis quilómetros e pagar máis do seu peto" "en combustible sen que por iso gañe máis".

Para Ramudo o "máis grave" é que non se substitúe o traballador en caso de enfermidade e desta forma "a zona que atende adoita quedar sen cubrir os primeiros días". Denuncia que só se levan os envíos "máis urxentes" e que o maior tempo que leva facer a repartición en "unha área descoñecida" e o feito de ter que facer máis desprazamentos provocan incidencias mentres o carteiro habitual está de baixa. "Se se quere garantir a calidade non se poden recortar postos", di o representante da CIG-Correos.
Pare ler a nova enteira prema AQUI