1 de abr. de 2014

Calendario Laboral 2014


Este é o Calendario Laboral definitivo, que o sacan  tarde mal e arrastro onde non hai ningún cambio significativo co respecto a outros anos.
 
VACACIÓNS: Con carácter xeral a vacación anual será  entre os días 1 de xullo e 30 de setembro. A distribución de vacacións deberá ser coñecida e figurar exposto no cadro de servizos como máximo o día 30 de abril.
Mantense a discriminación entre persoal funcionario e laboral asinada por  CCOO, CSIF, S.L. UGT.

Funcionarios  terán dereito a gozar vacacións retribuídas dun mes natural ou de 22 días hábiles anuais. En tal caso non terán a consideración de días hábiles os sábados.

Persoal laboral serán dun mes natural por cada ano completo de servizo.

6 DÍAS DE ASUNTOS PARTICULARES: Por cada ano natural. O prazo para o seu desfrute será ata o 31 de decembro de 2014, non obstante se por razóns de servizo non fose posible gozalos antes desa data poderanse prorrogar ata o 31 de xaneiro de 2015. Sempre que organizativamente sexa compatible coas necesidades do servizo e cos recursos humanos dispoñibles, poderanse acumular os días de A.P. as vacacións anuais.

DÍAS ADICIONAIS :Os días adicionais uniranse ás vacacións. Si se gozan en dous períodos, a cada un deles engadiranse os días hábiles correspondentes, procurando que a distribución sexa equilibrada. Excepcionalmente, sempre que as necesidades do servizo o permitan, os días adicionais poderanse gozar sen unir ás vacacións e en período distinto ao vacacional, pero en todo caso deberán gozarse necesariamente dentro do ano natural.


CAMPAÑA DE NADAL: Comprenderá dende o día 1 ao 31 de decembro o persoal operativo  poderá gozar ata 2 días de permiso (asuntos particulares ou días adicionais ás vacacións) sen penalización, a elixir; un día entre o 1 e o 14 de decembro e o outro, entre os restantes do mes de decembro. Ollo que nos últimos anos  estas datas as mudaron na Circular de Nadal.